 |
A presidenta da Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre, cualificou de "absurdas" as políticas nacionalistas na Galiza que, na súa opinión, "impoñen a un pobo universal, como é o galego, os corpiños do particularismo antiespañol".
Corpiños-corsé? ou será que a virxe do corpiño tamén é antiespañola? tal vez será que os corpiños pequenos, como o meu, somos de natural antiespañol? Ela tamén parece pequerrecha... será por iso polo que tanto crispa?
|
"A exaltación do nacionalismo conduce a sociedades máis pechadas, menos libres e con menos oportunidades", xa se sabe, é evidente que o nacionalismo español que promove se caracteriza por ofrecernos aos galegos exactamente iso.
| Estas palabras foron as que verqueu durante a súa intervención nun xantar coloquio organizado polo Club Financeiro de Vigo, na que repasou as políticas socioeconómicas de Madrid ante un centenar de asistentes.
O que resulta, cando menos curioso, é invitar a unha señora para que veña insultarnos na nosa propia casa, salvo que no club financiero de Vigo sexan tan antigalegos como ela. Mais cartos son cartos, non entenden de nacionalidades nin de sentimentos, o liberalismo crudo e duro é o que manda e diso entende moito Espe coas súas políticas antisociais na Comunidade de Madrid, das que sinte tanta fachenda como para cantar as súas excelencias.
|
 |
Segundo Esperanza Aguirre, "na arte de buscar e crear oportunidades, os galegos son mestres e foron a medida da creatividade do resto de España". "Cando aínda non se falaba de globalización, os galegos xa representaban a cultura emprendedora española".
Si, os galegos somos xente emprendedora, o malo é que tivemos que ser emprendedores fóra das nosas casas durante demasiado tempo, emprendedores na España, na Suiza, Alemaña, Venezuela, Arxentina...
Por outra banda, presumiu de que a comunidade madrileña sexa a segunda de toda España en canto a actividade industrial e avogou por xerar un "clima de confianza e estabilidade" para acometer investimentos produtivos, baseados na "liberdade" e a "seguridade xurídica". Ademais, recordou que o Goberno que dirixe recorreu a Lei do Solo porque "propón a expropiación para conseguir chan", algo que cualificou como "plan Stalin".
De terras precisamente non debería falar moi alto, sobre todo cando se trata de especulacións, claro que están avaladas pola seguridade xurídica conservadora.
Comentarios () |
|
|
|
|
|