Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cambiar os bloques de propaganda electoral por anuncios Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 01 de Febreiro do 2008   |   Eleccións
benigno A CRTVG proporá a PPdeG, PSdeG e BNG substituír na campaña das eleccións xerais os tradicionais espazos de propaganda electoral por anuncios publicitarios de 30 segundos, un modelo que xa acordou RTVE no ámbito estatal cos partidos e que onte mesmo recibiu o visto bo da Xunta Electoral Central
Fontes da dirección da TVG avanzaron que presentarán a proposta a populares, socialistas e nacionalistas para coñecer se aceptan a modificación do sistema, aínda que o feito de que os tres o apoiasen en Madrid fai presaxiar que tamén se levará á práctica na Galiza.

A disposición das tres forzas con representación parlamentar para aceptar estes cambios é "boa", co que se eliminaría "o bloque longo e escravo" que supoñen os espazos electorais gratuítos repartidos en función dos resultados de cada partido nos últimos comicios. En todo caso, piden que se estableza un sistema para que o espectador poida diferenciar claramente a publicidade convencional dos anuncios electorais.

A intención de aplicar na Galiza o sistema decidido en TVE xa se formulou no último Consello de Administración da CRTVG, celebrado o pasado martes, mais a dirección concretará os detalles do novo sistema nunha reunión do 7 de febreiro, cando presentará o plan de cobertura das eleccións do 9 de marzo.

En todo caso, a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral estipula que en campaña electoral, os medios de comunicación públicos reservarán 45 minutos para as formacións con máis do 20% de votos na anterior cita electoral, 30 minutos para as que superaron o 5% e 10 minutos para as que non chegaran ao 5%, sempre que se presentasen nas catro provincias galegas.

Así, no caso galego, PP e PSdeG disporían da posibilidade de emitir 90 anuncios de cada forza durante os quince días de campaña, mentres que o BNG chegaría até os 60 anuncios.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image