
| Agrupación de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 01 de Febreiro do 2008 | Portugal | |||
Tamén subliñou que a vinculación da Galiza e o Norte de Portugal configurará a terceira área peninsular en importancia, cunha poboación que supera os 6 millóns de habitantes e un PIB de 90.000 millóns de euros. A sede da nova AECT estará en Vigo e o organismo será o encargado de xestionar o plan estratéxico de cooperación 2007-2013 da comunidade de traballo Galiza-Norte de Portugal, dotado con 97 millóns.
Un dos obxectivos do ente será mellorar os instrumentos para a captación de fondos, tanto públicos como privados, co fin de financiar proxectos e servizos de interese común, ademais de permitir a planificación e xestión integral destes. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|