Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Apoios á Torre de Hércules Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 01 de Febreiro do 2008   |   Estatal
coruna Faros de toda España emitirán o seu sinal luminoso e acústico hoxe, día 1 de febreiro, entre as 12 e as 12.30 horas, en sinal de apoio á Torre de Hércules como candidata a formar parte da listaxe da UNESCO de monumentos Patrimonio da Humanidade. 
Até o mediodía de onte sumáronse á iniciativa 19 autoridades portuarias de toda España, cun total de 108 faros de todo o territorio. Entre faros, balizas e sistemas sonoros, un total de 140 axudas á navegación funcionarán hoxe en apoio da Torre.

Á iniciativa sumáronse faros de Barcelona, Bilbao, Asturias, Cantabria, Baleares, Canarias, Andalucía, Comunidade Valenciana e Ceuta. Na Galiza participarán faros que dependen das autoridades portuarias de Vigo, Ferrol, Marín-Pontevedra, Vilagarcía e A Coruña.

Os faros emitirán o seu sinal luminoso e acústico -en caso de contar con sistema sonoro- ao mediodía e permanecerán así durante 30 minutos. Os faros das Illas Canarias sumaranse aos do resto da España mais entre as 11 e as 11.30.

O día elixido para esta acción conxunta dos faros coincide coa data límite de envío dos expedientes das candidaturas seleccionadas en todo o mundo para a súa recepción na sé da UNESCO en París.

 

Comentarios (1)add
1
Genaro Diaz

Buenas........ Cualquier acción es buena para ayudar para que la Torre de Hercules sea nombrada Patrimonio de la Humanidad.
Pongo mi grano de arena con esta web que he hecho con fotos de ella....
http://www.torredeherculespatrimoniodelahumanidad.com
Saludos.

Xuño 07, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image