Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Máxima prioridade para o AVE galego Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 01 de Febreiro do 2008   |   Eleccións
zapatero2 O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, comprometeuse a que "a máxima prioridade" do seu Executivo en materia de alta velocidade ferroviaria, se consegue gañar as eleccións do vindeiro 9 de marzo, "chámase Galicia" porque cre que a esta comunidade "lle faltou inversión e formas democráticas á hora de gobernar" no pasado.

Nun mitin de precampaña en Ourense, ante unhas 5.000 persoas, Zapatero afirmou que se revalida o seu posto como presidente do Goberno, "a comunidade galega vivirá a maior transformación en infraestruturas desta terra" despois de que estes catro anos, dixo, puxeran "os piares da primeira etapa" ao destinar a Galicia o 8% do investimento estatal neste capítulo.

O presidente do Goberno tamén manifestou o seu "empeño na convivencia dos pobos" e avogou por "potenciar a identidade e vontade de autogoberno das comunidades para conseguir que os seus intereses conten e que todas as autonomías poidan expresarse con naturalidade na lingua que decidan". Neste senso, apostou por que o galego sexa recoñecido como "unha lingua que enriquece e convive" dentro dunha "España de convivencia, que busca o diálogo e non o confrontamento".

Apostou por que, nos próximos catro anos, "cada comunidade autónoma siga progresando no seu autogoberno" e que iso sexa así "sen que ninguén enfronte a un territorio con outro" e que "ninguén semente o medo". "Iso é o que tiña que facer o PP e non a división de territorios", afirmou. Na súa opinión, Galiza é "unha terra de futuro", xa que "dá os mellores datos económicos, conta con empresas innovadoras e ten unha cidadanía que tomou nas súas mans o futuro".

Cando menos sona doutro xeito, a ver se é certo que nos dan o noso lugar.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image