Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Entender Imprimir Correo-e
Silvio Falcón   |   Domingo, 03 de Febreiro do 2008   |   Sinaturas - Silvio Falcón
silvio

O mundo político actual está máis que revolto. É totalmente artificioso. Os políticos, ou esas xentes que din ocupar os asentos de representación pública, véndense (cada vez máis; e máis descaradamente) aos intereses de terceiros e, sobre todo, ao espectáculo do márqueting e da imaxe audiovisual que reina no mundo actual. Rara vez chega algún paisano cun mínimo discurso ideolóxico, con ganas de convencer ao que escoita sexa éste ou non da súa cor política. Tempos pasados ensinárannos a aqueles socialistas con chaqueta de pana, a aqueles políticos de rúa que aspiraban a gobernar o Estado. Con isto quero entrar a facer unha reflexión sobre a esquerda.

Dende que Anthony Giddens e a súa Terceira Vía irrumpiron no mundo da política económica socialdemócrata, deixando atrás o keynesianismo e impulsando un modelo socioliberal que mezcla a actuación pública coa pretendida eficiencia económica propia do liberalismo, hai quen só concibe a rúa como o modo de chegar ao poder. Tódolos políticos, son agora, políticos de salón, que cun puñado de asesores deciden ou non crear unha imaxe determinada sobre eles mesmos. Atrás queda a espontaneidade: todo está preparado. Non é pra nada disparatado, logo entón, falar do circo da política.

Políticos como Anthony Blair (reconvertido dito nome nun desenfadado Tony Blair) e Gerhard Schroeder foron os primeiros en desmarcarse da socialdemocracia clásica (keynesiana) e abogar por políticas socioliberais. Pero foron máis alá. Transformaron a esquerda. Eles, e mailo eurocomunismo (que renunciou pra sempre ao réxime internacionalista imposto polos soviéticos trala caída da URSS) foron os responsables de que, hoxe, non haia esquerdas viábeis. Os Estados Sociais e de Dereito, gracias a deus, tamén limitan os modelos liberais puros, ademáis. Polo que se xenera un modelo bipolar: a un lado, os progresistas, aqueles que por un motivo ou outro cren na transformación social e na igualdade de oportunidades, sexa cal sexa o mecanismo pra acadar ditos obxectivos; polo outro, temos aos conservadores, os chamados neocons  que enchense a boca á falar de liberdade mentres propugnan modelos regresivos nos temas sociais e, sobre todo, en todo ao que toca á familia.

Podemos dicir logo que o estado español non se libra, entón, das restriccións que se derivaron da desaparición dun mundo bipolar e das crisis económicas do capitalismo socialdemócrata dos 70. Todo se transformou, a efectos ideolóxicos. Pero, a diferencia, é que non é tan fácil dicirlle a un pensionista que se quere eficiencia económica. Hai que vender a burra, hai que ofrecer rebaixas de impostos ou medidas fiscais á desesperada, xa que non hai modelos teóricos que, partidos como o PP ou o PSOE, poidan defender nun mitin igual que nunha conferencia.

Hai que entender, temos que facer un esforzo. Falemos de neocons e de terceira vía  como no seu día falabamos de comunismo, socialismo e liberalismo. Entendamos. Ese é o verdadeiro camiño pra que, aqueles que gobernan, nos deixen de tratar como clientes e non volten a tratar como electores. Eses electores que, aínda en tempos nos que se dubida deste concepto, son os depositarios da soberanía nacional.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Silvio Falcón é estudante de Ciencias Políticas na Universidade de Barcelona. Responsábel Local de Galiza Nova Barcelona e responsábel de mocidade do BNG de Catalunya. Foi finalista do X Premi Joan Santamaria, na modalidade de redacción breve, en catalá. Tamén é Director do Programa “Barcelona Atlàntica” de ERGAC e colabora en diversas actividades de Rede.cat e do Foro Civico Galego de Barcelona.
 

Image