
| Touriño e os bispos |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 03 de Febreiro do 2008 | Eleccións | |||
Pérez Touriño brincou sobre os Bispos e ocorréuselle "pedir a Deus que os ilumine novamente e que os leve a ler os Evanxeos, porque non din en ningún sitio que haxa que votar o Partido Popular". De xeito irónico, formulou que, outra posibilidade sería dirixirse á Xunta Electoral para "que regule o papel dos bispos na política e pensar se o sábado de reflexión e o domingo da votación haberá que prohibir ou non as misas". Emilio Pérez Touriño animou aos cidadáns a "mobilizarse o 9 de marzo", nas "rúas e nas urnas", para "non permitir" que coloquen a "Ana Botella no Instituto da Muller", que Ángel Acebes, "o ministro das mentiras, volva mentir dende o goberno de España", e para evitar que sitúen "ao raposo no galiñeiro", en referencia ao candidato 'popular' Manuel Pizarro, ao que cualificou como "unha quenlla das finanzas" que, na súa opinión, se fixo "multimillonario" en Endesa. Touriño dixit. Non importa moito como o dixera ou como se expresara na súa incompetencia lingüística mais a razón non se lle pode sacar. A Deus o que é de Deus e ao César o que é do César. E aos lambóns e mentireiros nen auga.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|