
| Leonore: unha historia da emigración |
|
|
| Adela Figueroa | Luns, 04 de Febreiro do 2008 | Sinaturas - Adela Figueroa | |||
Encostouse na almofada adornada de rendas de Camariñas e pousou as mans sobre a fina saba bordada. Cos ollos do soño, viu chegar a Dominga montada na caballeria.O son dos cascos nas pedras do camiño anunciaranlla antes. O seu corpo de moza xoven arrebolouse coa lembranza como o facia de nena cando sentia a sua presenza. A Dominga pasaba diante da casa e do talliño en que ela se via sentada. Daba unha viraxen e descia do animal. Unha perna sobre a sela até xuntar as duas dun lado da besta. Deixabase cair escorregando desde o lombo da montura e ela iase acochar entre os brazos gordechos e fortes afundindo o corpiño no peito xeneroso. Sentiu ,ainda, o seu recendo vital, mistura de suor e de alborada que atravesava o mar e o tempo. -Vamos meniña ven conmigo. vamos buscar o teu avó que está na Bouza longa! Leonor voltou sentir o gallopar do cabalo nas coxas e os brazos de Dominga envolvéndoa como cando era pequeniña. Sentada na cama de madeira de pau de rosa, primorosamente torneada,rompeu a chorar .O seus saloucos descontrolados fixeron acordar o Manuel , seu home. Intentándoa consolar abrazouna e recostouse xunto a ela na almofada. Ollou a hora no reloxio de bulso que pousaba na mesiña de noite: 5,30 da madrugada dun mércores calquera. Pasou mais de un mes. Leonor está almorzando na balconada da sua casa que da ao xardín. Un barco atracau hai pouco no porto . Ve vir onda ela a mucama que lle trae unha carta . Era de seu pai desde A Coruña. Dicialle que Dominga morrera aló na aldea de Reboreda. As derradeiras palabras que pronunciara foran: Leonore!, Leonore!. Eran as 5,30 da madrugada dun mércores triste para a familia. Leonor era a tia do meu pai. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|
|
||||