Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Esquerda Unida excluida dos debates da TVG Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 05 de Febreiro do 2008   |   Eleccións
iolandadiaz Esquerda Unida esixiu a súa participación nos debates electorais da TVG e ameazou con recorrer ante a Xunta Electoral se "é excluída". Así, anunciou que reclamará o respecto ao pluralismo político e social, así como a neutralidade informativa dos medios de comunicación de titularidade pública en período electoral.
EU reclamou a participación da coordinadora nacional e tenente de alcalde do Concello de Ferrol, Iolanda Díaz, no programa da televisión autonómica 'Hai debate!' do próximo día 18; así como no previsto para o día 27, ambos con temática electoral.

Considerou que a decisión de exclusión por parte do Consello de Administración da TVG responde a criterios "estritamente políticos" e á pretensión de eliminar a voz "nítida e crítica" da "única opción alternativa e de esquerda".

Por todo, EU reiterou que a súa exclusión sería "inescusable" posto que dispón de grupo parlamentar no Congreso e porque deixaría sen representación nos debates os 32.000 galegos que "confirmaron a EU como cuarta forza política".

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image