
| Máis dun milleiro de mortos en Quenia |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 05 de Febreiro do 2008 | Internacional | |||
A cifra de desprazados -304.000 refuxiados- non inclúe os desprazamentos forzados dos últimos días, polo que probablemente podería aumentar, sinalou Mwangi. A maior parte das mortes -nunha das etapas máis escuras de Quenia desde a súa independencia de Reino Unido hai 44 anos- son produto de asasinatos étnicos e enfrontamentos por razóns políticas contra manifestantes. Así as cousas, Quenia viuse mergullada por sorpresa nunha crise humanitaria interna, malia ser un país habituado a recibir refuxiados dos Estados veciños máis conflictivos, como Somalia, Sudán ou Etiopía. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|