|
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 08 de Febreiro do 2008 |
Economía
|
 |
A Seguridade Social incrementou a nómina de pensións da Galiza nesta lexislatura en 1.449,6 millóns de euros, cun gasto actual de 6.424,5 ao ano para 759.668 prestacións, 23.567 pensións máis que en 2004. |
Segundo informou o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, no conxunto de España o aumento do gasto en pensións hai catro anos foi de 20.703 millóns de euros, co que a nómina actual, 8.492.784 prestacións, supón un incremento neste período de 479.325.
A Seguridade Social destacou que compatibilizou neste período o aumento das prestacións co control do gasto corrente e unhas contas saneadas, que en 2007 botaron un superávit de 14.104 millóns de euros que equivale ao 1,34 por cento do Produto Interior Bruto (PIB).
Comentarios () |
|
|
|
|
|