Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O PSD e o PPdeG crean un grupo de traballo Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 08 de Febreiro do 2008   |   Portugal
galipor O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o do Partido Social Democrática (PSD) do distrito do Porto, Marco Antonio Costa, asinaron en Vigo un acordo para crear un grupo de traballo permanente sobre a eurorregión co obxectivo de impulsar un "diálogo continuo" entre Galiza e o Norte de Portugal fronte ao "triplo fracaso" das políticas socialistas de cooperación transfronteiriza. 
Núñez Feijóo explicou que esta iniciativa é a resposta ao "fracaso" da xestión dos gobernos socialistas en España e Portugal. Nese sentido, recordou que a eurorregión perdeu 100 millóns de euros de fondos Interreg e que Vigo "perdeu" a Oficina de Cooperación transfronteiriza en favor de Badajoz.

Lamentou a "paralización" da conexión por AVE entre Vigo e Porto que, segundo recordou, se anunciara para 2009. Por iso, criticou que "aínda non se aprobara nin o trazado" e o "cambio de prioridades" xa que se favorecerá a conexión con Portugal polo sur da Península Ibérica.

Pola súa banda, Marco Antonio Costa subliñou algunhas das políticas nas que ambos os dous países deben colaborar, entre elas, as políticas sociais, laborais, fiscalidade, educación, seguridade, turismo ou infraestruturas. Segundo o voceiro do PSD, "non hai que deixar que esquezan os compromisos cos habitantes da eurorregión".

Costa propuxo a creación dunha axencia social que "acompañe á mobilidade dos traballadores" e mostrou a súa preocupación pola "situación dramática" que se viviría en Portugal se os 100.000 traballadores lusos que hai na Galiza decidisen volver ao seu país de orixe ante a crise inmobiliaria de España.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image