Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Catro árbores cada segundo durante catro anos Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 08 de Febreiro do 2008   |   Curiosidades
rajoy8

Rajoy prometeu que, en caso de gañar o 9-M, aprobará un Plan de reforestación nacional que suporá plantar 500 MILLÓNS DE ÁRBORES na lexislatura. Esta cifra, facendo unha simples división, supón que se plantarán 342.000 árbores diarias ou 4 árbores por segundo, durante os catro anos de lexislatura

Curioso, non si? E quen e como os plantarían? SuperMariano.

Se o pasado outubro Rajoy defendía que non se podía converter o cambio climático no grande problema mundial, conclusión sustentada tras escoitar ao seu curmán, un físico incapaz de garantir sequera "o tempo que fará mañá en Sevilla", agora protexer o medio ambiente converteuse nunha "misión irrenunciable" para Rajoy.

Durante a súa intervención na convención sobre o cambio climático que celebra en Madrid o Partido Popular Europeo (PPE), o líder dos conservadores avanzou que impulsará unha Lei de Loita contra o Cambio Climático. É tempo de precampaña electoral, e captar votos a calquera custo é unha necesidade prioritaria.

Onde vai plantar tanta árbore? 500 MILLÓNS EN CATRO ANOS!!!

Na miña finca, se fai o favor, que plante árbores frutais, polo menos dánme rendemento e lle saco substancia ao seu programa.

Comentarios (2)add
1
O trasno das cerdeiras
E diversificando as posibles plantacións ou escollendo ubicacións e especies para rexenerar ecosistemas o tempo de plantación posiblemente sería moito mais longo. Agora! e factible si continuan có seu fervor pola arbore única e invasora, o eucalipto. Con esta arbore que se extende por si sola como o lume, deste xeito ao mellor logran tal ocurrencia, mais para o libro Guinness dos records que para a sustentabilidade dun territorio.

Estes españoles de pura cerna paridos nos mentideiros de Madrid descoñecedores da historial real dos pobos, non da sua historia pseudoimperial, non saben que foi a sua España quen talou os carballos das fragas e os castiñeiros dos soutos dos veciños cando declararon as nosas costas e rios como dehesas ou despensas de madeira para os asteleiros. Eles foron os que deforestaron a costa e eles mesmos con outros rostros facilitaron a replantacións con eucaliptos para negocio dos seus protexidos. Os fabricantes de papel do cú.

O que non sabe a dereita e que ademais de plantalos hai que mantelos como está a ocurrir agora na autopista que se está a facer un traballo colosal de limpeza e protección contra o lume ou a caida de arbores dos ribazos e camiños lindantes con esta.

Si este taballo

Febreiro 08, 2008

2
Djalminha
Traballando as 24 horas al día os 365 días do ano SÓ SON 8 ÁRBORES POR MINUTO!!!. Onde plantar? Que plantar? Mantemento? Excelente comentario do trasno das cerdeiras.

Febreiro 08, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image