Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Liberdade ou Dictadura lingüística? Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (23 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Sábado, 09 de Febreiro do 2008   |   Beatriz Guiance
Image Unha ducia (o dos números éche sempre un misterio mais policías había moitos, diría eu que en demasía) de axentes da Policía Nacional (polo momento acho que era a estatal, que é a que adoita encargarse deste tipo de represións para os que os teñen ben treinados) tivo(TIVO???) onte que empregar as porras na Coruña para conseguir separar manifestantes (seica estaban pegados??) que apostaban por potenciar a lingua galega e que "se apareceron" nunha concentración convocada por un colectivo que demanda "liberdade lingüística", o que provocou altercados e enfrontamentosONDE???? SERÍA DA POLICÍA NA CONTRA DA XENTE E OS DEFENSORES DA "LIBERDADE" A APLAUDIR.

A 'Mesa pola Liberdade Lingüística' convocara para as 20.00 horas de onte unha manifestación na Coruña á que asistiron en apoio da súa causa perto de 50 persoas (traducidas noutros medios nunhas irreais 200, pola graza dalgunha axencia de noticias e a boa intención de todos), mais unha contra manifestación reuniu a outro centenar de persoas (segundo os mentados medios e axencia, que se traducen nunha visión real e imparcial nunhas 150 persoas) no mesmo lugar en demanda de "primar" (deixémolo en defender) a lingua galega baixo o lema 'Na Galiza en Galego'. (Que traducen por un meridiano "en Galicia en Gallego")

A partir de aquí as falsidades ou inexactitudes dispáranse:

Se non houbo enfrontamento, a quen era preciso separar?

Se non hai violencia por que a ten que exercer quen di protexer aos cidadáns?

"Entre asubíos e insultos entre uns e outros manifestantes, os axentes da Policía Nacional tiveron que cargar para conseguir establecer un cordón que mantivese separados aos manifestantes dunha e outra tendencia". (Mais sempre apalean á mesma).

Cantan axencia e medios papagaio que apenas cortan e pegan sen pegar pancada nen constatar o que poñen ou, o que é peor, que toman partido pola parcial inexactitude. Sempre é mellor un vadío que un mentireiro. 

Mentres se producía a carga, as persoas que secundaron a manifestación baixo o lema "Pola liberdade lingüística. Non á imposición" aplaudían entre berros de "democracia". Democracias como das que gosta esta xente dan medo.

A manifestación da 'Mesa pola Liberdade Lingüística', que estaba autorizada pola Delegación (ou subdelegación, que para o caso é o mesmo) do Goberno, convocouna este colectivo (parece que vencellado á extrema deireita ligada ao PP, segundo fontes) que asegura que as autoridades públicas están a "impoñer o galego" sobre o castelán". "Invitamos ferventemente a todos os cidadáns hastiados da linguocracia obsesiva, iniciada hai moito tempo, pero exacerbada recentemente ata a prohibición do español nas aulas", rezaba este colectivo na convocatoria que realizou a través do seu web.

A organización deste acto orixinou que se convocase unha contra manifestación no mesmo lugar, o Obelisco da Coruña, para "defender o galego" e mostrar o rexeitamento "aos españolistas da Mesa pola liberdade lingüística, aos que acusan de menosprezar a lingua galega".

Maticemos logo, fronte a concentración antigalega fóronse xuntando persoas de sectores populares diversos, autoconvocadas polo móbil e em foros da Internet de maneira espontánea. Levaban unha pancarta máis que elocuente: 'Na Galiza em Galego'. Xente que pasaba pola rúa íase unindo.

Resistiron os golpes da policía e seguiron unidos.

Se foi unha contra manifestación non autorizada non se sabe, o que está claro é que a outra manifestación non foi máis do que un fracaso que xa leva liñas de "gloria" demais nos medios.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (9)add
1
Celso Emilio
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña,
porque me sai de dentro, alá do fondo

09 de Febreiro do 2008 - 16:35

2
xurxinho_tolo
si é certo pero despois de zouparlle aos galegofalantes os que se fan vitimas son os outro que vergoña smilies/shocked.gif

11 de Febreiro do 2008 - 20:50

3
Queimado
Agora xa pasan os feitos. Zouparlle os que falan galego.

12 de Febreiro do 2008 - 20:52

4
Breixo
E logo dirán que estaban sendo agredidos os españolistas e que a policía quedou curta. mellor metelos presos despois de pegarlles, por galegos perigosos, ou por pailáns porque aínda hai quen nos chama pailáns aos universitarios sen ter nin o graduado.

13 de Febreiro do 2008 - 11:01

5
Alba
Moi bo artigo, como dicían anos ha nunha cadea de televisión: así foron as cousas e así llas contamos.
Coa verdade por diante aínda que a moitos non les guste.

13 de Febreiro do 2008 - 11:17

6
Anxo D
Cando se produce unha contramanifestación deste corte, e non está autorizada, as forzas da Orde Pública teñen a obriga de protexe-lo normal desenvolvemento da que está autorizada, sexa ou non da ideoloxía túa, miña ou daqueloutro, tratándose dun delito grave alterar esa manifestación por atentar contra un dereito contitucional, logo, se despois de filiar e advertir das consecuencias dos séus actos ós contramanifestantes, éstos non deixan a súa atitude, a forza da autoridade vése na obriga de disolve-los polos medios de que dispoñen, seguindo as instruccións da Delegación do Governo. Por outra banda, se foi ou non proporcionada a intervención policial, é matizable, e de non parecelo, seguro que a xustiza dictará sentencia sober dos feitos en sí. Non podemos intervir de xeito non democrático cando non nos guste o que dín outros lexítimamente e tras pedi-los permisos axeitados para elo. Coido que máis de ún neste sitio dirá que non teño razón ó falar así, mais é o legalmente establecido. Podo non estar dacordo co que dín os úns ou os outros mais non me gusta facer demagoxia coas intervencións da autoridade só porque quede ben de cara a calquera reivindicación nacionalista. Nin son forzas de ocupación, nin de asalto, nin menos galegos que vós. Coido que deberíamos respectar o traballo de todos aínda que non nos guste.
Saúdos críticos cando deben selo, baixo a miña opinión claro. Espero non ofender a ninguén mais pídovos que o meditedes.

13 de Febreiro do 2008 - 14:58

7
ALBA
Eu estiven alí, non por ser convocada polo móbil senón porque pasaba por alí.
Ben está ser crítico e o que penso que fai Beatriz é ser crítica con outros medios que distorsionaron a realidade dos feitos, crítica coa distorsión que fai esa xente da verdadeira situación de galego e castelán, e crítica aínda que digas que teñen a obriga de intervir os policías, coa súa actuación porque teño estado metida noutros allos e a policía non nos pegou.
Hai maneiras, e esa xente pedía os golpes e os aplaudía.
Que a outra concentración non fora con autorización senón espontánea non quere dicir que sexa axeitada, nin vexo que a defenda aínda que tampouco a censura.
Tampouco están autorizadas as concentracións multitudinarias e escandalosas do botellón baixo o meu portal cada fin de semana e máis non ven a policía botalos nin zouparlles.
Por favor, a próxima vez que fagades unha concentración pro-imposición do castelán ou bilingüismo harmónico facédeo diante dos do botellón a ver se así mos escorrentan dunha vez.

13 de Febreiro do 2008 - 18:36

8
Anxo D
A imposición do castelán é rechazábel, mais tamén é rechazabel a posición do PP e dos séus representantes, por exemplo María Sangil, e a min non se me ocorre acosa-la do xeito en foi acosada, insultada de feixista con atitude feixista, desexa-la súa morte cando a calquera de nós pode cuspirlle un anaco de ferraxe dunha bomba, etarra, islámica ou dalgún tolo ultraidealista que impón as súas ideas a bombazos. Se queren defende-lo castelán que o fagan. Se quero protestar eso fago manifestación, dende logo, mais seguro que se é ó revés queres que eses tolos que non entenden que en Galiza é en Galego non impidan a túa expresión de ideas. Altera o teu dereito e precisas que a Lei che ampare e rechace a eses elementos. Así debe ser. Hai que gañar nas elecións, coas ideas, sen acoso físico á marxe da Lei. Soa forte o de á marxe da Lei pero técnicamente o de Sangil e o da manifestación contra o castelán, igual que as concentracións do 13 M do 2004 tra-los atentados fronte á sede do PP en Madrid e noutros sitios non son legáis. Agora...tamén é necesario que sepan eses do castelán que non vai ser o que eles queran na terra do galego.
Saúdos, pode que demasiado legáis ou legalistas, mais convencidos de seres correctos.

14 de Febreiro do 2008 - 16:45

9
Carqueixa
Anxo en Galiza en gal, os cascarilleiros se queren castelan e cousa diles, que fagan coma no Ulster, mais ca chegada da internet o galego podese salvar en fin de contas pa que sirve o castelan sino e pa ganhar unha oposicion en Madrid, a xente non o quere fai 500 anos co quixeron imponher ia xente galeguizou o castelan que e o galego de hoxe , o galego dorixen esta no norte de portugal.

18 de Febreiro do 2008 - 02:15

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image