|
Os xornalistas apoian á Torre |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Sábado, 09 de Febreiro do 2008 |
A Coruña
|
 |
A Asociación da Prensa da Coruña (APC) anunciou que solicitará o apoio de todas as asociacións de prensa de España, un total de 45, para solicitar que a Torre de Hércules sexa declarada Patrimonio da Humanidade. |
Ademais, a APC informou de que tamén canalizará a solicitude de apoio para a declaración a través da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), entidade que agrupa máis de 20.000 profesionais.
Precisamente, a finais do próximo mes de marzo, terá lugar en Zaragoza a 69 Asemblea Nacional da FAPE, dende onde se fará o devandito pronunciamento a favor do faro coruñés.
Por outra banda, a APC promoverá, por acordo da súa Xunta Directiva, a organización dun encontro internacional de profesionais do xornalismo na cidade herculina co obxectivo de solicitar apoios "tamén doutros países".
Comentarios () |
|
|
|
|
|