
| Berlusconi como Rajoy |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 10 de Febreiro do 2008 | Internacional | |||
Berlusconi, o home máis rico de Italia, volverá por terceira vez a ser primeiro ministro, segundo as sondaxes realizadas trala convocatoria de eleccións, logo da demisión do Goberno de centro esquerda de Romano Prodi.
O regreso foi nun acto electoral deseñado por unha das organizacións de base que apoian ao seu novo partido, o Círculo da Liberdade. Os asistentes vitorearon ao candidato da dereita italiana con aplausos e berros de "Por sorte, queda Silvio".
Xa durante o seu discurso, Berlusconi acusou ao Goberno de centro-esquerda de fracasar en todos os ámbitos, desde os impostos ao deterioro da imaxe do país no estranxeiro.
"Impuxeron as súas crenzas: o marxismo ortodoxo. Utilizaron os impostos para atacar á clase media. As súas medidas están condicionadas ideolóxicamente, como a apertura das fronteiras aos estranxeiros", asegurou.
A alguén lle sona o efecto chamada? E a crise económica artellada pola mala xestión do goberno?
Falamos de Zapatero ou de Prodi?
Fala Mariano ou fala Silvio?
Por que os que levan a bandeira e o nome da liberdade nos beizos son sempre os mesmos? ... Tan igualiños...
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|