Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Máis contradicións no PP Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 12 de Febreiro do 2008   |   Eleccións
rajoy8 O PP acometerá unha reforma lexislativa, se gaña as eleccións, para converter en responsables penais aos delincuentes de entre 12 e 14 anos. Este cambio aplicaríase en casos de delictos de gravidade ou de reincidencia, segundo anunciou onte Mariano Rajoy. Na actualidade, os adolescentes desas idades non teñen responsabilidade penal algunha, sexa cal for a acción cometida. 

Esta exención de responsabilidade foi incluída na Lei de Responsabilidade do Menor aprobada no ano 2000, cando gobernaba o PP e xusto antes de que o propio Mariano Rajoy deixase o Ministerio de Educación e Cultura para facerse cargo do de Interior. Esa mesma lei elevou a idade penal de 16 a 18 anos, o que supuña que ningún menor desa idade podía ser encarcerado.

O propio PP votou contra o endurecemento da lei aprobado polo Congreso o 23 de novembro de 2006, que, ademais de elevar os anos de internamento, eliminou a posibilidade de aplicar o réxime de menores aos mozos de entre 18 e 21 anos.

Segundo os cambios legais que recolle o programa electoral do partido popular, aos delincuentes de 12 a 14 anos que incorran en delictos de gravidade e en reiteración aplicaráselles a Lei do Menor e serán recluídos en centros de internamento, como ocorre agora cos condeados de entre 14 e 18 anos.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image