
| Museus do Viño |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 13 de Febreiro do 2008 | Portugal | |||
Este primeiro encontro, que se celebrará entre os días 28 de abril e 1 de maio, será o primeiro encontro baixo o título xenérico 'O novo papel dos museos do viño non século XXI'. Ademais, no apartado de arquitectura, e tralos contactos realizados cos posibles relatores invitados, barállanse nomes como o propio Álvaro Siza e Rafael Moneo, entre outros. O congreso de Cartaxo tamén dedicará mesas e conferencias á estratexias de difusión cultural, ás relacións dos museos co mundo da universidade, e ás relacións institucionais en xeral.
Álvaro Siza, seleccionado para deseñar o logotipo do congreso, tamén executou entre as súas obras máis destacadas a sede do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela (1993), o Edificio do Reitorado da Universidade de Alicante (1997), o Pavillón de Portugal para a Exposición Universal de Lisboa (1998) ou a Casa Vieira de Castro. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|