 |
A actuación do cantante Alejandro Sanz, prevista para o 14 de febreiro en Venezuela, foi cancelada pola empresa promotora Evenpro, alegando non contar coas condicións apropiadas para a realización do espectáculo. Nada máis coñecer a noticia, Sanz criticou a Chávez e dixo que "se impuxo a lei do silencio e a lei da escuridade". |
"Tiña moitas ganas de ir cantar ao público de aí, finalmente puido a lei do silencio e a lei da escuridade. Estou moi triste de non poder estar aí", dixo Sanz.
Sanz fora declarado persoa non grata debido aos seus cuestionamientos ao goberno do presidente Hugo Chávez. O 15 de febreiro de 2004, o cantante afirmou que "lle desagrada o presidente venezuelano, Hugo Chávez, e que deixaría de cantar se llo piden tres millóns de persoas con sinaturas", en alusión ás rúbricas que "decían ter recolectadas a oposición" para lograr un referendo revocatorio do mandato de Chávez.
"A min, se me desen tres millóns de sinaturas para que deixase de cantar, deixaría de cantar", confesou o artista en 2004. Múltiples organizacións venezuelanas responderon ao cantante español coa creación da denominada Alianza por un mundo sen Alejandro Sanz e, tomándolle a palabra iniciaron unha campaña para que deixe de cantar, tal e como o propio artista suxeriu que faría se llo piden, chegaron a máis de 200.000 sinaturas.
Sanz dixo onte que a cancelación da súa presentación en Caracas era previsible, porque "vindo dun réxime como ese, pois a verdade pódese esperar calquera cousa".
"Non ten ningunha validez moral que me declaren persoa non grata unhas persoas que xa de seu son pouco gratas. Iso o que demostra son as formas nas que intentan silenciar ás persoas que pensan diferente", afirmou o artista español.
Comentarios () |
|
|
|
|
|