Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Caballero dá por seguros catro escanos por Pontevedra Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 14 de Febreiro do 2008   |   Eleccións
vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou o seu convencemento de que o PSdeG obterá 4 escanos no Congreso pola provincia de Pontevedra, aínda que evitou concretar a costa de qué outra formación política aumentará a súa representación, e augurou que os socialistas se converterán na "primeira forza" na provincia

Tras recibir na Alcaldía aos integrantes das listas socialistas ao Congreso e ao Senado, Abel Caballero, mostrou a súa "absoluta coincidencia" coas formulacións que os candidatos o presentaron no encontro e a súa confianza en que o PSdeG aumente de 3 a 4 o seu número de representantes. "Até o cuarto sabemos seguro que sacamos", aseverou.

O rexedor vigués mantivo unha reunión cos candidatos ao Congreso, Antón Louro, Marta Estrada, Domingo Tabuyo e Luis Piña; e cos aspirantes ao Senado, Carmela Silva (actual concelleira de Urbanismo en Vigo), Nicolás Iván Vaqueiro e Enrique Varela

O alcalde recoñeceu que Vigo vive "un momento especialmente doce, brando e satisfactorio" xa que os proxectos que se están a levar a cabo están "ao nivel dos sonos da cidade". Así, referiuse ao "desbloqueo" do AVE, ás melloras en porto e aeroporto, ás novas autovías a Porriño e Pontevedra, ou á inversión no saneamento e depuración de augas na Ría.

O grupo municipal do PP denunciou o "uso partidista" das institucións públicas por parte do alcalde, a quen acusan de facer un uso "político" do Concello, ao facer unha recepción os aspirantes socialistas en época electoral, "que non ten máis sentido que facer promoción os candidatos do seu propio partido".

Os populares consideran un "escándalo" o acto, e advirten de que "é a segunda vez" que Caballero utiliza unha institución como o Concello e a alcaldía con fins políticos, algo que xa fixo, segundo denuncian, no Pleno do Plan Xeral, ao permitir o acceso á sesión "só a afiliados e simpatizantes do PSOE".

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image