
| Galiza invitada de honra en Cuba |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 15 de Febreiro do 2008 | Internacional | |||
Entre o público, xunto a centenares de convidados, unha das prazas da Fortaleza San Carlos de La Cabaña congregou ás principais autoridades da illa, encabezada polo irmán do comandante Fidel Castro e o ministro de Cultura cubano, Abel Prieto. Á hora dos discursos, os primeiros en tomar a palabra foron o escritor Antón Arrufat e a poetisa Graziella Pogolotti, premios nacionais de Literatura en Cuba e autores homenaxeados na 17 Feira Internacional do Libro. Até o 24 de febreiro sucederanse encontros de editores, escritores, presentacións de libros e actos complementarios de música, mais entre marzo e abril levará diversas actividades a outras 41 sedes repartidas en distintos puntos da illa. En nome das autoridades, o presidente do Instituto Cubano do Libro, Iroel Sánchez, resaltou que foi Fidel Castro o "impulsor" da Feira do Libro e, tras apuntar que o carácter do evento non é meramente comercial, aproveitou para agradecer o "entusiasmo" da Galiza, que participa cunha "ampla" delegación e uns "fermosos" pavillóns.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|