Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O IPC baixou un 0,9% en xaneiro Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 16 de Febreiro do 2008   |   Economía
euros O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,9 por cento na Galiza en xaneiro, respecto ao mes anterior, debido ao inicio das rebaixas de inverno, mais a inflación interanual subiu ao 4,4 por cento, unha décima máis que a media. 

No conxunto de España os prezos descenderon un 0,6 por cento o pasado mes e o IPC acumulado no último ano sitúase no 4,3 por cento, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Na Galiza a maior caída dos prezos en xaneiro produciuse no vestido e calzado (-12,8 por cento), polo período de rebaixas, e tamén descenderon os do ocio e a cultura (-1,3 por cento). Os prezos do transporte mantivéronse estables o mes pasado.

Pola contra o IPC subiu nas vivendas (+1,8 por cento), nas bebidas alcohólicas e tabaco (+1,7 por cento), na menciña (+0,9 por cento), nos hoteis, cafés e restaurantes (+0,9 por cento) e o capítulo doutros (tamén un +0,9 por cento).

Igualmente os prezos aumentaron nos alimentos e bebidas non alcohólicas (+0,7 por cento), o ensino (+0,6 por cento), as comunicacións (+0,4 por cento) e o enxoval (+0,3 por cento).

Por provincias, a inflación baixou en todas as galegas. Sobre todo baixou na provincia de Lugo (-1,2 por cento), seguida pola de Pontevedra (-1 por cento), a da Coruña (-0,9 por cento) e a de Ourense (-0,4 por cento).

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image