|
"Trilingüismo integrador"? |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Sábado, 16 de Febreiro do 2008 |
Eleccións
|
 |
A voceira de Educación do PP no Parlamento galego, Manuela López Besteiro, apostou por desenvolver un "bilingüismo integrador" na Galiza, en que haxa investimentos para impulsar o galego mais "sempre dentro da liberdade para elixir entre o uso das dúas linguas ou a súa alternancia". |
"O PP defende a tradición que sempre existiu na nosa comunidade de impulsar o galego mais garantindo o equilibrio entre as dúas linguas, freando o intento que se está a producir actualmente de implantar un monolingüismo en galego por parte do BNG e coa debilidade do PSOE que está a ser incapaz de defender a liberdade para elixir libremente os cidadáns", isto en boca da señora Manuela.
Para a deputada autonómica, o Estado debe garantir "de forma efectiva" o dereito dos pais de elixir o idioma no que queren que os seus fillos sexan educados, e destacou o compromiso do PP no fomento dunha educación trilingüe na Galiza, onde os mozos sexan formados en castelán, galego e inglés.
Habería que ver en que proporción cada un deles! Que será agora da diglosia? Duplicarase? Que lingua tomará o primeiro lugar no status?? Lingua A ou lingua B, castelán? a C xa é de imaxinar cal sería, non si señora Manuela?
Manuela López Besteiro recordou o compromiso adquirido por Rajoy de suprimir a materia de 'Educación para a Cidadanía', unha materia, na súa opinión, dirixida ao "adoutrinamento político" e "absolutamente innecesaria". "Hai que educar os estudantes en valores pero de xeito transversal en cada materia e non nunha en especial", opinou.
Comentarios () |
|
|
|
|
|