Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Mobilización cidadá para salvar os trens de cercanías Imprimir Correo-e
Adela Figueroa   |   Luns, 18 de Febreiro do 2008   |   Sinaturas - Adela Figueroa
adela 

Neste pasado venres dia 15,  os vecinos de Portas, agrupados na coordinadora  PORTAS NON PODE PERDE-LO TREN, realizaron una acción de protesta , na estación do Ferrocarril da Coruña.

A protesta consistiu nunha concentración na Estación e facer o pagamento do boleto até Portas en céntimos.

Esta coordinadora constituiuse para defender os Camiños de Ferro que usa o povo. Ese  que se desplaza de un lugar a outro do territorio en traxectos curtos e que fomenta a riqueza da nosa dispersión territorial. Ese povo que protagonizou a nosa peculiar maneira de espallarnos polo medio ocupándoo todo , para explotalo de xeito sustentable desde o neolítico.

A construción do AVE xa comeza a mostrar tanto a cara como a cruz. Para alén do grande impacto ambiental que representa a sua construción, vai condicionar, xunto coas autoestradas  a despovoación masiva do territorio como antes nunca se tivera feito, e a concentración da povoación nas vilas e, sobre todo, nas cidades.

Parece ser que o Ministerio de Fomento, ten previsto eliminar todos os trens de cercanias, e os de proximidade, chamados Tren Rexional, a partir da posta en marcha do AVE. Esto está a comezar xa a confirmarse, na zona da liña de Vigo - Á Coruña. Naqueles treitos que o trazado do AVE coincida co de Tren Rexional este será suplantado polo AVE.

centimo

Os plenos dos concellos afectados, na liña entre Compostela e Pontevedra, manifestáronse claramente en defensa do mantimento da liña Santiago Vilagarcia, e tamén en favor dos trens de cercanias.  Como, en lugar de fomentar este medio de comunicación, vaise levantar a via férrea entre Compostela  e Vilagarcia , neste primeiro semestre do ano, cando o AVE entre en funcionamento. Tamén ficará suprimida a estación de Portas  como está na actualidade.

Desde ADEGA apoiamos o movemento veciñal en favor do Camiño de Ferro de cercanias e de Proximidade. No mesmo dia en que a Plataforma “Portas non quere perde-lo tren”, ADEGA- Pontevedra organizaba unha conferencia acerca do futuro do Tren En Galiza a cargo do enxeñeiro Xosé Carlos Fernandez, experto na materia. Tamén , algunhas compañeiras/os  de ADEGA das delegacións da zona , acercáronse á Estación da Coruña , para expresar á sua solidariedade coa Plataforma.

O "Plan Estratégico de Infraestructras e Transportes de España" prevé , para o 2020,  unha reducción de 30 millons de Tm de CO2 para as  emisións difusas debidas ao transporte.

Non se entende como non se encara  xa , dunha maneira clara e pragmática ,a electrificación do tren na Galiza , como medio de transporte ecolóxico e sostible e seguro.

No dia da grande manifestación de Compostela, de Galiza Non se Vende, en que 10.000 galegas e galegos  reclamaron unha política de sostibilidade real aos seus representantes no Parlamento, os camiños de ferro galegos non pode ficar fora das reinvidicacións.

Queremos que a nosa Costa manteña á sua vitalidade que lle pode roubar un desgrazado Plano Acuícola Queremos que o noso  Territorio manteña á sua estructura.. E queremos  podermos desplazar polo noso País de povo en povo, e non apenas entre as cidades ubicadas nas extremas do Camiño.

 

 
Comentarios (1)add
1
Fernando Gomez Camarero
Como Presidente de la Coordinadora "PORTAS NON PODE PERDE-LO TREN" os agradecemos el apoyo que mostrais a tan noble causa, y tambien te informo de que la muerte de nuestra estación es inminente, segun el último escrito de Fomento del 15/02/08.

Un saludo, estaremos en contacto.

Febreiro 18, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA.
 

Image