
| Incrementouse o P.I.B. en 2007 |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 18 de Febreiro do 2008 | Economía | |||
O IGE tamén avanzou que no cuarto trimestre de 2007 o PIB autonómico aumentou un 3,8 por cento, neste caso tres décimas máis que a media estatal, pero catro décimas menos que o trimestre anterior. O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, cualificou de "positivos" estes datos, pois destacou que se trata dun "notable crecemento", aínda que admitiu que existe unha "pequena moderación" deste. Fernández Antonio considera importante que Galiza sume xa "oito trimestres consecutivos crecendo máis que España", co que camiña na senda de converxencia co Estado, diferencial que é aínda máis positivo coa UE, máis dun punto o pasado exercicio.
José Ramón Fernández Antonio concluíu que nos dous últimos anos a media da evolución do PIB na Galiza "foi do 4 por cento fronte a un 2,8 por cento do período 2001-2004, co que se está a crecer 1,2 puntos por enriba" dos exercicios anteriores. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|