Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O "soldado das ideas" renuncia á presidencia Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 19 de Febreiro do 2008   |   Internacional
fidel_castro

Acordábamos hoxe, por sorpresa, coa nova da renuncia de Fidel Castro a permanecer á fronte da presidencia de Cuba.

Así o anunciaba nunha carta-discurso publicada no Diario Granma.

O xefe de estado marchou el cando decidiu, ninguén foi quen de botalo, aínda que Bush estará a bailar embriagado de emoción.

"Comunícolles que non aspirarei nin aceptarei - repito - non aspirarei nin aceptarei, o cargo de Presidente do Consello de Estado e Comandante en Xefe", afirmaba un Fidel que di querer ser un soldado das ideas: "Non me despido de vostedes, desexo só combater coma un soldado das ideas".

Lembremos que xa lle tiña cedido de xeito provisional o poder ao seu irmán, Raúl Castro, desde o 31 de xullo de 2006. A enfermidade foi a que abriu a porta dunha transición meditada, mais cando xa se sentiu recuperado, con todas as súas faculdades plenas para tomar decisións, non cando estaba feble.

Case 50 anos no poder, e agora que?

Deixemos que sexa o propio Fidel quen tome a palabra. Reproducimos o texto do xa xubilado presidente cubano.


Queridos compatriotas:

Prometinlles o pasado venres 15 de febreiro que na próxima reflexión abordaría un tema de interese para moitos compatriotas. A mesma adquire esta vez forma de mensaxe.

Chegou o momento de postular e elixir o Consello de Estado, ao seu Presidente, Vicepresidentes e Secretario.

Desempeñei o honroso cargo de Presidente ao longo de moitos anos. O 15 de febreiro de 1976 aprobouse a Constitución Socialista por voto libre, directo e segredo de más do 95% dos ciudadáns con dereito a votar. A primeira Asemblea Nacional constituíuse o 2 de decembro dese ano e elixiu o Consello de Estado e máis a súa Presidencia. Antes exercera o cargo de Primeiro Ministro durante case 18 años. Sempre dispuxen das prerrogativas necesarias para levar adiante a obra revolucionaria co apoio da inmensa maioría do pobo.

Coñecendo o meu estado crítico de saúde, moitos no exterior pensaban que a renuncia provisional ao cargo de Presidente do Consello de Estado o 31 de xullo de 2006, que deixei en mans do Primeiro Vicepresidente, Raúl Castro Ruz, era definitiva. O propio Raúl, quen adicionalmente ocupa o cargo de Ministro das F.A.R. por méritos persoais, e os demais compañeiros da dirección do Partido e o Estado, foron renuentes a considerarme apartado dos meus cargos a pesares do meu estado precario de saúde.

Era incómoda a miña posición fronte a un adversario que fixo todo o imaxinable por se desfacer de mín e en nada me agradaba complacelo.

Máis adiante puiden alcanzar de novo o dominio total da miña mente, a posibilidade de ler e meditar moito, obrigado polo repouso. Acompañábanme as forzas físicas suficientes para escribir longas horas, as que compartía coa rehabilitación e os programas pertinentes de recuperación. Un elemental sentido común indicábame que esa actividade estaba ao meu alcance. Por outra banda sempre me preocupou, ao falar da miña saúde, evitar ilusións que no caso dun desenlace adverso, traerían novas traumáticas ao noso pobo en medio da batalla. Preparalo para a miña ausencia, psicolóxica e politicamente, era a miña primeira obriga despois de tantos anos de loita. Nunca deixei de sinalar que se trataba dunha recuperación "non exenta de riscos".

O Meu desexo foi sempre cumprir o deber até o derradeiro alento. É o que podo ofrecer.

Aos meus entrañables compatriotas, que me fixeron o inmenso honor de elixirme en días recentes como membro do Parlamento, en cuxo seo débense adoptar acordos importantes para o destino da nosa Revolución, comunícolles que non aspirarei nin aceptarei- repito- non aspirarei nin aceptarei, o cargo de Presidente do Consello de Estado e Comandante en Xefe.

En breves cartas dirixidas a Randy Alonso, Director do programa Mesa Redonda da Televisión Nacional, que se divulgaron a solicitude miña, se incluían discretamente elementos desta mensaxe que hoxe escribo, e nen sequer o destinatario das misivas coñecía o meu propósito. Tiña confianza en Randy porque o coñecín ben cando era estudante universitario de Xornalismo, e me reunía case que todas as semanas cos representantes principais dos estudantes universitarios, do que xa era coñecido como o interior do país, na biblioteca de la ampla casa de Kohly, onde se albergaban. Hoxe todo o país é unha inmensa Universidade.

Párrafos seleccionados da carta enviada a Randy o 17 de decembro de 2007:

"A miña máis profunda convicción é que as respostas aos problemas actuais da sociedade cubana, que posúe unha media educacional próxima a 12 graos, case un millón de graduados universitarios e a posibilidade real de estudo para os seus cidadáns sen discriminación algunha, requiren máis variantes de resposta para cada problema concreto que as contidas nun taboleiro de xadrez. Nin un só detalle se pode ignorar, e non se trata dun camiño fácil, se é que a intelixencia do ser humano nunha sociedade revolucionaria ha de prevalecer sobre os seus instintos.

"O meu deber elemental non é aferrarme a cargos, nin moito menos obstruír o paso a persoas máis novas, senón achegar experiencias e ideas cuxo modesto valor provén da época excepcional que me tocou vivir.

"Penso como Niemeyer que hai que ser consecuente ata o final."

Carta do 8 de xaneiro de 2008:

"...Son decidido partidario do voto unido (un principio que preserva o mérito ignorado). Foi o que nos permitiu evitar as tendencias a copiar o que viña dos países do antigo campo socialista, entre elas o retrato dun candidato único, tan solitario como á vez tan solidario con Cuba. Respecto moito aquel primeiro intento de construír o socialismo, grazas ao cal puidemos continuar o camiño escolleito."

"Tiña moi presente que toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo", reiteraba naquela carta.

Traizoaría xa que logo a miña conciencia ocupar unha responsabilidade que require mobilidade e entrega total que non estou en condicións físicas de ofrecer. Explícoo sen dramatismo.

Afortunadamente o noso proceso conta aínda con cadros da vella garda, xunto a outros que eran moi novos cando se iniciou a primeira etapa da Revolución. Algúns case nenos incorporáronse aos combatentes das montañas e despois, co seu heroísmo e as súas misións internacionalistas, encheron de gloria o país. Contan coa autoridade e a experiencia para garantir a substitución. Dispón igualmente o noso proceso da xeración intermedia que aprendeu xunto a nós os elementos do complexo e case inaccesíbel arte de organizar e dirixir unha revolución.

O camiño sempre será difícil e requirirá o esforzo intelixente de todos. Desconfío das sendas aparentemente fáciles da apoloxética, ou a autoflaxelación como antítese. Prepararse sempre para a peor das variantes. Ser tan prudentes no éxito como firmes na adversidade é un principio que non pode esquecerse. O adversario a derrotar é sumamente forte, pero mantivémolo baixo control durante medio século.

Non me despido de vostedes. Desexo só combater como un soldado das ideas. Seguirei escribindo baixo o título Reflexións do compañeiro Fidel. Será un arma máis do arsenal co cal se poderá contar. Talvez a miña voz se escoite. Serei coidadoso
.

Grazas

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image