Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Colaboración de RTP coa TVG Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 21 de Febreiro do 2008   |   Portugal
benigno

A Televisión de Galiza presentou en Lisboa a serie documental 'Terras de Acolá' e aproveitou a oportunidade para poñer en marcha un convenio de colaboración coa Radio Televisión Portuguesa (RTP), que permitirá o intercambio de fondos de arquivo e a coprodución de documentais

O director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Benigno Sánchez, aproveitou a presentación e a presenza do director de programación da RTP, Xosé Pedroso, para anunciar que as dúas televisións públicas iniciaron as conversas para intensificar a súa colaboración.

Xosé Pedroso indicou que nestes momentos "se dan as condicións para desenvolver proxectos conxuntos". Na súa opinión, "compartir contidos é un camiño importante para as dúas televisións", polo que confiou en que dea "moitos froitos no futuro". "Imos poñernos a traballar niso rapidamente", dixo.

A Sala dos Espellos, do Instituto da Comunicación, no Pazo Foz de Lisboa, foi o lugar elixido para presentar a serie documental 'Terras de Acolá', realizado por Luis Menéndez e producido pola TVG e a produtora Faro de Vigo, que trata sobre os países de fala portuguesa, é dicir, Cabo Verde, Guinea Bissau, Santo Tomé e Príncipe, Angola, Mozambique, Timor Oriental, Brasil e o propio Portugal. Ou de fala galega, e ademais así poderiamos incluir no saco a Galiza. Que teima en quere excluir a galiza da lusofonía!

Nos documentais inténtase "mergullar na historia, a lingua, os costumes, o folclore, as tradicións, as xentes, as anécdotas, deses pobos", indicou o realizador, que matizou que "ten un espírito divulgativo, está dirixido a todos os públicos, cun carácter ameno, con situacións e anécdotas divertidas, propias dun programa de viaxes", aínda que, iso si acompañado dunha "investigación rigorosa".

Ao acto asistiron representantes diplomáticos de moitos dos países que integran a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e o secretario executivo desa organización, Luis Fonseca.

Benigno Sánchez, xustificou a realización e este traballo afirmando que "hai uns lazos moi firmes entre Galiza e a lusofonía" porque, ademais dos "lazos históricos, culturais e lingüísticos, nos integramos con naturalidade". "Sentímonos como na casa", de feito, dixo, "nacemos no mesmo berce, co mesmo madeiro lingüístico". Menos mal, xa pensei que para a TVG eramos da grande e máis antiga nación... española"

O director de programación da RTP avanzou que a serie documental será programada en marzo na RTP1, na RTP África e na RTP internacional.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image