Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Rajoy ten cinco vivendas sen hipoteca Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 21 de Febreiro do 2008   |   Galiza
rajoy8 “Rajoy ten casas por toda España”, afirmou 'El Economista', diario económico afín ao Partido Popular e que está liderado por Alfonso de Salas, un dos fundadores do diario 'El Mundo'.  
O candidato á presidencia do Partido Popular, Mariano Rajoy, confesou no programa de TVE 'Tengo una pregunta para usted' que o seu soldo mensal non excedía dos 8.000 euros. O pasado luns en Telecinco, Rajoy engadiu outro interesante dato sobre a súa economía familiar, asegurou non ter ningunha hipoteca que pagar. Mariano Rajoy esqueceu sinalar que é propietario de 5 casas.

O lider do partido 'dos currantes', ten moitos lugares onde ir vivir. Mariano Rajoy ten propiedades en Sanxenxo, Pontevedra, Madrid, Aravaca e As Palmas de Gran Canaria.

Mariano Rajoy é propietario dunha vivenda de 97 metros cadrados sita na avenida principal de Sanxenxo. 

Desde 1988 tamén posúe un piso de 109 metros cadrados e máis unha praza de garaxe nunha das zonas máis selectas de Pontevedra, lugar onde Rajoy empezou a súa fructífera carreira política.

Son poucos os cidadáns que, como Mariano Rajoy, teñen a fortuna de posuír unha vivenda a poucos minutos do 'Paseo de la Castellana' Madrileña. O atractivo desta vivenda é o local de tres andares destinado a zona deportiva que comparten os veciños, todos eles moi currantes.

O candidato á presidencia do Goberno polo Partido Popular tamén posúe varias prazas de garaxe e un máis un luxoso piso de 279 metros cadrados en Aravaca, unha das vilas máis ricas da Comunidade de Madrid. 

Ademais, Mariano Rajoy pode veranear xunto á súa muller nun bungalow que a parella posúe en Mogán, municipio das Palmas de Gran Canaria.

Non é que sexa moito, mais o que se di "currante", "currante" (entre comiñas... Quen ía dicir que te ías expresar nestes termos tan... digamos... "barriobaixeros") ti non pareces, non si?

 

Comentarios (1)add
1
Anxo D
Aravaca pertence ó distrito de Moncloa de Madrid capital. É zona de adosados principalmente e pisos de louxo. É que no partido dos currantes poden aforrar xa que os séus "curros" non son coma ós dos demáis traballadores. máis que curros, eu diría "Chupes".
Saúdos currantes, que non chupantes.

Febreiro 22, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image