Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
'Voten como galegos' Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 22 de Febreiro do 2008   |   Eleccións
bng_02 O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, fixo no acto de inicio de campaña electoral un chamamento aos electores para que "voten como galegos", co duplo obxectivo de "frear ao PP" e de que Galiza deixe de ser "actor secundario" e "decida" no Estado español.
"Pedimos o voto para ter un BNG forte en Madrid porque así Galiza será respectada", proclamou Quintana en Santiago pasada a media noite, onde os nacionalistas galegos celebraron a tradicional pegada de carteis ante entre 150 e 200 simpatizantes e altos cargos, como a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

Para o tamén vicepresidente da Xunta, isto "só" será posible se o BNG é "decisivo" nas Cortes e a comunidade galega "está representada en pé de igualdade con Euskadi e Cataluña". Nese senso, augurou que o "grande cambio" que se producirá o 9-M "non ten nada que ver coas carreiras presidencialistas de Zapatero e Rajoy" senón que "virá dado da man do BNG porque poderá decidir en Madrid".

Neste senso, resaltou que a formación frentista é a mellor opción ante as propostas do "señor Catástrofe -Mariano Rajoy- e do señor Medo -José Luis Rodríguez Zapatero-". Sobre o líder 'popular' ironizó con que anunciou "doce veces que rompía España, outras doce que rompía a familia". "E sobre a catástrofe económica xa perdín a conta", dixo.

En canto ao actual presidente do Goberno, reprobouno por "ter un só argumento, o medo á dereita". "Nin a catástrofe nin o medo, se abre un novo tempo no que Galiza vai ser protagonista", augurou.

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, mostrouse convencido de que o resultado do 9-M será "un avance do BNG e un retroceso do PP". "Ese avance do BNG vai obrigar ao Partido Popular a rectificar os seus ataques contra o noso idioma, contra a nosa cultura, e a modificar o seu rexeitamento ao novo Estatuto de Nación para Galiza", afirmou.

Durante o discurso de Jorquera produciuse a maior ovación da noite, cando se referiu ao falecemento do histórico dirixente nacionalista Luís Obelleiro, que morreu onte vítima dun cancro. Así, parafraseou un verso de Uxío Novoneyra -'A forza do noso amor non pode ser inútil'- para concluír que "a forza do seu amor á Galiza non vai ser inútil" nas próximas eleccións xerais.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image