 |
A revista do Arcebispado de Madrid, Alfa e Omega, fai esta semana un alegato en contra das mulleres e os homosexuais en base a un Congreso vinculado coa corrente ultraconservadora católica dos Lexionarios de Cristo. Segundo o suplemento, “a ideoloxía de xénero, que une o feminismo radical co homosexualismo impuxéronse como normais provocando que a sociedade occidental se convertira nunha cidade en ruínas”. |
Alfa e Omega dedica esta semana unha dupla páxina a expoñer as conclusións dun congreso celebrado na ultracatólica Universidade Francisco de Vitoria sobre a “Ideoloxía de xénero”. A revista de Rouco Varela, expón que a imposición dos alegatos da ideoloxía de xénero (aos que define como unha mestura entre “o feminismo radical” e “o homosexualismo”) deu lugar a un problema tan grave como o de apoiar a “igualdade absoluta entre o home e a muller, e tamén a liberdade de cada individuo de elixir entre cinco xéneros (dous heterosexuais, dous homosexuais e bisexual).
Habería que saber o que ten este suxeito na contra das mulleres, saber o que se lle pasa pola cabeza cando rexeita dese xeito a persoas que teñen os mesmos dereitos e que son iguais, cando menos no papel. Rouco non respecta nin a Constitución, nin a Biblia nin as evidencias científicas. Onde di que haxa cinco xéneros? Entende o mesmo por xénero que por opción sexual?
Se as mulleres son capaces de dar vida, de traballar a reo, de sacar mellores cualificacións nos estudos que os homes, como é que para este corvo vestido de preto - máis por dentro que por fóra - son seres inferiores?
Deus escolleu a unha muller para darlle vida ao seu fillo, Xesús escolleu a dúas mulleres para aparecer resucitado ante elas e que foran testemuña da súa vitoria sobre a morte. A nai e María Madalena son mulleres, as encargadas de comezar co labor da igrexa... logo como é que Rouco e a xerarquía eclesiástica apartan ás mulleres de todo o entramado da igrexa?
O que impulsou esta "cidade en ruínas” que supuxo a igualdade entre homes e mulleres e entre heterosexuais e homosexuais é, segundo o semanario católico, as leis promovidas durante estes catro anos polo Executivo de Rodríguez Zapatero.
Volta con Zapatero, o impulsor de todos os males deste mundo, o inductor das familias rotas e dos nenos que non nacerán. será acaso o anticristo??
Pero hai máis: hai unha lei máis perxudicial para a “sociedade occidental e cristiá” que a lei que permite os matrimonios homosexuais que é a lei de protección integral contra a violencia de xénero. Lonxe de considerar positiva unha medida que loita contra os asasinatos de centos de mulleres que morren cada ano a mans das súas parellas, a revista de Rouco considera que é unha norma negativa porque “define as relacións entre home e muller en términos de enemistade e ignora as causas profundas da violencia”.
E non será causa da violencia que haxa homes que se crean superiores ás súas mulleres? e que pensen que son unha propiedade máis? Se hai unha posición de "superioridade" machista, hai desigualdade e violencia de xénero.
Entre as leis máis perniciosas, o semanario enumera tamén a que permite o divorcio express ou a de reprodución asistida, da que asegura que conseguiu que a “paternidade e a maternidade non sexan xa realidades, senón etiquetas que o Estado distribúe ou nega”.
Canta barbaridade nunha cabeza tan pequena!!!
É mellor aguantar como antigamente, ter medo da igrexa, da sociedade e do marido. É mellor quedar sen poder ter unha criatura nos teus brazos por non empregar os avances científicos. É mellor morrer por non ir ao médico, sobre todo se é muller. Ou estar criando fillos nun ambiente insustentable, entre berros de dúas persoas que non se entenden ou xa non se queren.
Por certo, canto pagan na túa revista? se queres fágoche algún artigo que de seguro lle dará unha nova cor á publicación.
Ahhh! que tampouco gostarás nin da cor de rosa nin do galego que che falo.
Comentarios () |
|
|
|
|
|