
| XXII Encontro galego-portugués de Educadores pola Paz |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 24 de Febreiro do 2008 | Portugal | |||
Máis en concreto, os libros que se presentarán son os dous primeiros da triloxía 'Educación e Paz', e neles participaron distintos autores de diferentes lugares e disciplinas, como Xesús Jares, Gregorio Peces-Barba, François Houtart e Juan José Tamayo, entre outros. O acto está organizado por Educadores pola Paz-Nova Escola Galega, o departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, o Movimento dos Educadores para a Paz de Portugal e a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz. En canto ao debate do día 19, este centrarase na 'Educación para a cidadanía e os dereitos humanos', e nel participarán o director do Colexio de Altos Estudos Europeos Miguel Servet de París, José Vidal Beneyto; e o director da Cátedra de Teoloxía e Ciencias das Relixións Ignacio Ellacuría da Universidad Carlos III de Madrid, Juan José Tamayo; entre outros.
Ao día seguinte visitarase o Museo do Mar e o museo do Pazo Quiñones de León, así como os xardíns de Castrelos, onde se fará a tradicional liberación da pomba da paz e a clausura do encontro. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|