Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A raíz galega de Fidel Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 26 de Febreiro do 2008   |   Comunicación
fidel_castro A escritora cubana Katiuska Blanco presentou na Habana a súa última obra, 'Angel, a raíz galega de Fidel', que describe a paisaxe familiar do que até onte foi xefe do Estado de Cuba, Fidel Castro. 

Na obra, presentada ao final da Feira do Libro da Habana, -na que este ano Galiza foi a cultura invitada- descríbese a cultura galega que tanta importancia exerceu na idiosincrasia e a historia de Cuba.

Segundo Blanco, o maior achado na súa investigación foi "identificar esa estirpe rebelde que vén da Galiza, un lugar habitado por xente que busca xustiza e solidariedade, dúas forzas que moven o mundo".

A escritora cubana fixo unha comparación entre o simbolismo da palabra castro, que na Galiza designa ás fortificacións herdadas de romanos e celtas e os "lugares de resistencia e defensa", con Fidel Castro, a quen definiu como "a posibilidade de continuar no esforzo de mambí de ser libres e xustos".

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image