Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Lamentable actuación de Rajoy Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 26 de Febreiro do 2008   |   Estatal
zapaterorajoy

Pésimo debate, cando menos dunha banda, no que imperou o mal guato de Rajoy, quen insistiu unha e outra vez coas súas acusacións, disfrazado de moderado até perder os papeis. Desagradable nas formas e pior nas intencións, dedicouse Mariano a sementar mentiras e acusacións, afirmando que "Zapatero agrediu ás vitimas do terrorismo", entre outras lindezas. 

José Luís Rodríguez Zapatero gañou o primeiro cara a cara televisado que o enfrontará durante a campaña electoral a Mariano Rajoy, segundo coinciden en sinalar as sondaxes divulgadas por Cuatro, La Sexta e Antena 3 pouco despois de finalizar o debate. 
Un Zapatero, máis centrado e con argumentos e templanza, gañou sen esforzo o debate, aínda que non estivo á altura que moitos esperabamos del, sobre todo á hora de rebater as calumnias do Marianomarioneta. Iso é unha evidencia, non un inquérito.
Despois dun debate intenso, o peor e máis desagradable chegou ao final, cando Rajoy dixo: "Eu o que nunca faría sería agredir ás vítimas do terrorismo como fixo vostede porque eses si son persoas indefensas e non o señor Serrat que citou vostede. Iso é o que non faría eu", subliñou mentres Zapatero o interrompía recalcando que non lle aceptaba esa acusación.
Agredilas non sei, mais manipulalas e utilizalas electoralmente é evidente que si. Por parte do PP, evidentemente.

"Non agredín a ningunha vítima do terrorismo, non lle acepto que diga iso", replicou Zapatero, para despois subliñar que se trataba "dunha acusación moi grave". "Dame igual que non mo acepte", retomou Rajoy, antes de asegurar que lle "trae completamente sen coidado" que non acepte a acusación.

Nese momento, o moderador do debate, Manuel Campo Vidal, decidiu prorrogar o tempo do candidato do PP, que retomou a palabra confirmando a súa acusación. "Manteño o que dixen, que o señor Zapatero agrediu ás vítimas do terrorismo. Mantéñoo, que quede claro".
Como claro quedou que perdeu os papeis, igual que cando repetía de xeito machacón as catro letras aprendidas para a ocasión sobre inmigración, economía e fundamentalmente terrorismo. Ademais de chamar a Zapatero mentireiro, e acusalo neciamente sen fundamento, non aportou nada ao debate, non houbo propostas nin nada que ofertar aos seus votantes, salvo a descualificación.

Non pode gobernar un pais unha persoa con tal mal gusto, capaz de dicir semellante barbaridade. Queda descualificado por si mesmo.

Comentarios (2)add
1
Alba
Non pode gañar alguén tan rastreiro.

Febreiro 26, 2008

2
Xandokas
... eu o que non comprendín e como e conqué as agrediu ZP! smilies/shocked.gif Pavero! smilies/grin.gif

Febreiro 26, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image