
| Portugal en 'Xantar' |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 28 de Febreiro do 2008 | Portugal | |||
Alejandro Rubín resaltou que dos "milleiros de persoas que pasan por Expourense", nesta feira, "entre o 10 e o 15 por cento dos visitantes son de Portugal". Indicou que nesta novena edición se "seguirán potenciando os valores da Galiza" e se "reforzarán" os produtos autóctonos "traballando coa cata de queixos, pans de todo tipo ou xamón" e "moitas cousas relacionadas co traballo da hostalaría con produtos nosos". O xerente de Expourense destacou que "tódalas bisbarras da provincia de Ourense" estarán representadas no salón Galego de Gastronomía e Turismo e que, ademais, haberá produtos da cociña galega, de varias comunidades autónomas do territorio estatal e de Portugal. O tenente de Alcalde do Concello de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, indicou que 'Xantar' e 'Termatalia' -certame de termalismo que se celebra anualmente en Expourense- son "o mellor escaparate" do interior da Galiza para a súa promoción exterior.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|