
| Jiménez Losantos condeado pola xustiza |
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 28 de Febreiro do 2008 |
|
|
Federico Jiménez Losantos deberá pagar 3.000 euros á familia de Carlos Fanlo, xa falecido, por terlle chamado terrorista no seu libro "De la Noche a la Mañana". Fanlo escribiu no diario 20 Minutos, no ano 2005, un artigo no que acusaba ao locutor da COPE de non ter sentimentos e carecer de corazón por atacar a víctimas do terrorismo como Pilar Manjón. Desde entón, a campaña de desprestixio que se fixo contra el e máis a súa filla menor, que incluso recibiu ameazas de morte, polo que chegaron a precisar de escoltas, non cesou.
La familia iniciou unha serie de trámites que levaron á celebración dun xuízo a principios deste mes, no que se pedía ao locutor que non volvera falar do xa falecido xuíz. O Ministerio Fiscal considerou que era oportuna a petición dunha indemnización polos danos morais causados. Nembargantes, a cantidade fixada na sentenza non deixa de ser unha indemnización solidaria, a pagar polas tres partes acusadas: Federico Jiménez Losantos, La Esfera de los Libros y la cadena COPE. Tanto a defensa como a acusación recorrerán a sentenza, ao considerala excesiva e insuficiente, respectivamente.
Tres mil euros pouca cousa son para esta xente, mais o feito de que exista unha condea na súa contra fai crer na xustiza. Destinarán unha vez máis os cartos á promoción do catalán? ou financiarán á prensa crítica? | ||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|