Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Maioría absoluta para o PPdeG Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 01 de Marzo do 2008   |   Eleccións
feijoo7
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, prognosticou que esta formación política obterá a "maioría absoluta" nas vindeiras eleccións autonómicas e volverá ao Executivo despois dunha lexislatura "na que non deixaron gobernar ao PP a pesar de que gañara" os comicios galegos.

Nun mitin en Verín xunto co presidente do PP en Ourense, José Luis Baltar, así como con candidatos ao Congreso e ao Senado, Núñez Feijóo puxo como exemplo precisamente este municipio ourensán do que acontecerá na Galiza dentro de ano e medio. "Non vos deixaron gobernar e en catro anos conseguistes maioría absoluta", afirmou.

Por outro lado, reivindicou a "confianza" que o Partido Popular lle deu ao PPdeG para as eleccións xerais xa que, segundo lembrou, o propio Feijóo foi o encargado de elaborar o programa electoral en materia de infraestruturas para toda España e, ao respecto, garantiu que Galiza será protagonista nesta área se o PP gaña o 9-M.

O líder da oposición na Galiza tamén arremeteu contra o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, pola súa xestión en materia de transferencias e o acusou de ser "o político máis nefasto para o autogoberno de Galicia".

Así mesmo, lamentou que o discurso de Quintana "sexa dunha soa frase". "Di todo o tempo que votemos en galego; non imos votar en chinés ou en árabe. Todo o tempo fala de Madrid, polo que estou a pensar se será Di Stefano", sinalou. De igual xeito, arremeteu contra o discurso do presidente da Xunta, "que é a tradución do que di Zapatero ao idioma de Touriño, que é o galego castrapo".

Tamén criticou aos cabezas de lista do PSOE nas provincias galegas, como no caso do 'número un' por Lugo, José Blanco, a quen cualificou como un "dos grandes políticos europeos, o sucesor de Winston Churchill" ou á cabeza de cartel por Ourense, Elena Espinosa, a quen se referiu como "Elena Espenosa".

O presidente do PP en Ourense, José Luis Baltar, acusou ao BNG de "non ser galeguista" e tildou ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, de "patriota de pacotilla". Ademais, criticou a política exterior do Goberno socialista e afirmou que "co Partido Popular xogabamos a Copa de Europa e co PSOE xogamos pachangas con Chávez". "Son uns mangantes sen pudor que rematan a lexislatura demostrando que non teñen talento", dixo.

Máis e máis insultos e máis e máis descualificacións. Que creto ten un papagaio que repete a voz do seu amo, que a súa vez é unha marioneta en mans de...? de quen?

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >