
| Relacións galaico-portuguesas en países lusófonos |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 01 de Marzo do 2008 | Portugal | |||
Os trece capítulos, de 26 minutos de duración cada un, tratan de ser un achegamento dende Galiza aos países de fala portuguesa, segundo explicou en rolda de prensa en Vigo, o director de 'Terras de Acolá', Luis Menéndez, quen destacou o grande traballo de "introspección" en cada un dos países visitados, nos que se estivo unha media de entre 15 e 20 días, así como nas relacións entre a comunidade galega e estes territorios. Menéndez incidiu no carácter "internacional" da lingua galega, que permitiu a comunicación en cada unha das zonas visitadas, un aspecto que tamén recalcou a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, quen recalcou que os territorios onde se fala a lingua lusa e Galiza "están unidos por algo impagable como é o feito de poder entenderse". Así, Bugallo referiuse ao "enorme parentesco" entre as dúas culturas, ao tempo que explicou que a serie documental ofrecerá a posibilidade de "coñecer o mundo da lusofonía" do que, segundo destacou, a comunidade "tamén forma parte". Segundo o director da TVG, Suso Iglesias, a serie, que se emitirá cada sábado a partir das 16.00 horas, tamén se difundirá a través da televisión pública portuguesa, que decidiou programala en horario de máxima audiencia, no denominado 'prime-time'.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|