Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
OQO Editora 'Mención de Honra' en Bologna Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 01 de Marzo do 2008   |   Comunicación
oqoeditora  'O grande libro dos retratos de animais', do selo galego 'OQO Editora', foi galardoado cunha 'Mención de Honra' na Feira do Libro Infantil de Bologna (Italia), un dos máis importantes galardóns do mundo no campo da Literatura Infantil e Xuvenil. Deste xeito, convértese na primeira editorial galega que consegue esta distinción.
O libro galardoado está escrito e ilustrado por Svjetlan Junakovic. Editado en tapa dura, atópase dentro da colección 'OQART'. Esta obra editada polo selo pontevedrés en galego, castelán, inglés, francés e portugués  foi o título co que OQO Editora inaugurou a colección de arte para nenos: 'OQART'.

Este importante recoñecemento súmase ao Primeiro Premio ao Libro mellor Editado de 2007 na categoría de Libros Infantís, que recibiu esta mesma obra o ano pasado, entregada polo ministro de Cultura, César Antonio Molina na feira LIBER en Barcelona.

O xurado destacou con este premio a poética da narración visual, a sutileza do sentido do humor e que, ao seu xuízo, fai revisar a historia da arte a través da "imaxinación e a fantasía" creando "un museo como ningún outro existiu". Así mesmo, resaltaron a "exquisita elegancia" de cada imaxe, a técnica do ilustrador e "a beleza" da edición.

OQO Editora incidiu en que, como proxecto editorial, aposta pola calidade na edición: encadernación en cartoné e ilustracións a cor, "buscando que cada libro sexa único, diferente". Nos case tres anos de vida, son xa máis de 60 títulos os que a editora pontevedresa editou en galego, catalán, castelán, portugués, francés e inglés.

Actualmente, as imaxes orixinais do "grande libro dos retratos de animais'' atopan expostas na Fundación Municipal de Cultura de Gijón, despois de pasar por Barreiro (Portugal), na sede de Ilustrarte, e en 'Ler León', a feira de Literatura Infantil de León. Así mesmo, o libro protagonizou no centro de Arte Contemporánea do Centro Cultural de Belem, en Lisboa, unha semana de actividades e talleres plásticos para nenos.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image