Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
103,9 millóns para fomentar a sociedade da información Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 01 de Marzo do 2008   |   Economía
euros O Consello de Ministros aprobou onte un crédito de 628,38 millóns de euros ás comunidades autónomas para fomentar a Sociedade da Información no marco do Plan Avanza, de forma que a Galiza percibirá unha partida de 103,9 millóns de euros. 

A comunidade galega é a segunda que recibe un maior volume de recursos para este capítulo, só superada por Cataluña, con 104,7 millóns de euros. Tras Galiza sitúanse Castilla - León, con 48,9 millóns de euros; Canarias, con 40,4 millóns de euros; Andalucía, con 39,1 millóns de euros, e Asturias, con 37,4 millóns de euros.

Os fondos para os distintos programas destinaranse de forma "proporcional á poboación da Comunidade Autónoma", no apartado de Cidadanía Dixital, "proporcional ao número de pequenas e medianas empresas da Comunidade Autónoma" no apartado de Economía Dixital; "proporcional ao número de entidades locais, a extensión do territorio e diversas singularidades: insularidade, Cidades con Estatuto de Autonomía" para as Cidades Dixitais Electrónicas; e, no apartado de Infraestruturas, financiaranse os proxectos presentados polas Comunidades Autónomas no ámbito deste programa.

Este acordo do Goberno formaliza os criterios de distribución acordados na Conferencia Sectorial de Telecomunicacións e Sociedade da Información e a distribución para o ano 2008 do crédito para o financiamento das actuacións do Plan Avanza.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image