Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Urbanización e cámbio climático Imprimir Correo-e
Adela Figueroa   |   Sábado, 01 de Marzo do 2008   |   Sinaturas - Adela Figueroa
adela

Pouca é a xente que se decata da grande influencia que teñen os procesos urbanizadores no aquecemento global. Lugo foi colocado no ponto de mira deste aquecemento , pola sua situación xeográfica e polas suas características orográficas. Parece ser que as espectativas dan unha suba das temperaturas de até 7 gºC para este século. Mas, entre as voces que se escoitan, nada se di da perda de superficies verdes  a custo da expansión descontrolada do cemento que todo o cobre.

Unha masa de ábores pode fixar unha media de 400gr por m2 de CO2 cada ano da sua vida. Se falarmos de terras de cultivo a media de fixación pode estar á volta dos 350gr/m2 cada ano.

Calculemos agora canto CO2 deixamos de fixar coa perda de masas arboreas . As de Lugo son para min as mais coñecidas. Asi  a recentemente talada , carballeira de Sn Fiz, que , segundo o SIXPAC media uns 10.000m2, ou  as carballeiras da zona de Casais, uns 15500 m2, a zona de Abella que vai ser urbanizada mede uns 38.000m2, segundo declaran os seus promotores.

O centro comercial As Termas sustitue en cemento  113900 m2 de carballeira fotosintetizadora. Si sumamos estes poucos exemplos temos un total  de 167400 m2 perdidos en menos de 5 anos. Quere dicir que, nese tempo, Lugo deixou de fixar 66.960.000 gr de CO2 cada ano que pasou e cada ano que pase como mínimo. En cambio incrementou as emisions producidas polos coches que van ás Termas, polos que van ás urbanizacións satélites ou se desprazan a través desta cidade que deixou de ser á medida da perna da xente.

As superficies cementadas como a Praza Nova do Seminario (5.500m2)que sustitue a antiga  horta, reflecten a maioria da enerxia que receben , incrementando así o efecto invernadoiro e a temperatura da cidade.

Nada desto se contempla no PXOM que pretende ser aprobado en Lugo. En desagravio do noso Concello, tampouco sei que estas consideracións señan tidas en conta noutros PXOMs.

Mas non é de recibo dicir publicamente que Lugo vai a estar na vangarda da loita contra o cambio climático como temos escoitado estes dias. Para iso, teriamos que tomar varias medidas que non son demasiado problemáticas.

Compostaxe. Fomentar a recollida selectiva de lixo en orixe. Iso require uhna forte campaña de sensibilización cidadana e de Educación Ambiental. A  Central de compostaxe estaba aprobada pola cámara municipal de hai 9 anos.

Reconducir o modelo expansivo da cidade  adoptando o modelo de cidade compacta defendido polo Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Por en cuestión a política de centros comerciais que está sendo fomentada.

Administrar as vias de acceso e de comunicación ás que sexan necesarias.

A ronda Norte que ameaza toda a veira dereita do Miño desde Bocamaus até Calde non é necesaria e redundante e vai sustituir muita superficie verde por outra  negra que absorve calor .

Intercalar arboredas no desenvolvimento da cidade, respeitando as existentes. Un parque deseñado, pisado  de cemento é unha imaxe esperpéntica dunha vella carballeira. Parques naturalizados como o de Marcos Cela son un exemplo de bon aproveitamento do territorio e das arcas públicas.

Promover hortas urbanas, que den lecer aos maiores e sosego á vista.Respeitar as riquezas existentes como o Parque Rosalia coas suas vistas únicas ao val do Miño.

Neste mesmo sentido a zona do Carme poderia ser un lugar explendido para demostrar que somos capaces de combinar desenvolvimento e respeto ao noso fomentando un urbanismo , na zona que non faga perder a sua riqueza arqueolóxica nen as vistas ao val que poderian ser disfrutadas por todos.

Neste tempos parece que estamos atacados de presa por chegar, dándonos codazos uns aos outros  dunha maneira desordenada. Tal é o aspecto que ofrece Lugo a calquera visitante que chega de fora: Funil na Fervedoira e atasco de tráfico. Muro das traseiras das Fontiñas desde a estrada da Fonsagrada. Muro que medra sen parar desde a Volta da Viña. Muro na Cheda . Todo parece unha triste antesala do único muro que deberia estar visible e posto en valor: a muralla que nos quedou da dominación romana.

Será que , en Lugo , estamos atacados de murallitis?. Ou é que non mandan os cidadans, senón outras forzas que non saen como representantes nas eleccións? 

Estes temas están previstos na  Axenda 21 de participación local. Se esta  fose implementada. Lembremos que é  unha promesa electoral de anos pasados  .                                                         

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA.
 

Image