
| Mal resultado para o BNG |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 03 de Marzo do 2008 | Eleccións | |||
No relativo á repartición de escanos, os votantes galegos repartirán nesta ocasión un total de 23, fronte aos 24 que elixiron nos anteriores comicios, por diminución poboacional, A Coruña perde un deputado pasando de 9 representantes a 8. A enquisa calcula que os votantes outorgarán na Galiza 12 escanos ao Partido Popular e 2 ao BNG, polo que manterían os mesmos que hai catro anos, mentres que o PSOE perdería un, pasando de 10 deputados en 2004 a 9. A enquisa realizada por Ipsos para 'Faro de Vigo', outorga unha vitoria maioritaria ao PSOE, ao que atribúe entre 11 e 12 escanos, mentres que resta dous ao PP, que quedaría con 10, e rexistra entre 1 e 2 deputados para o BNG. O inquérito de Sondaxe para 'La Voz de Galicia', outorga unha vitoria ao PP, ao que atribúe 11 escanos (perdería un), mentres que o PSOE e o BNG manteñen os 10 e 2 deputados respectivamente. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|