Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Votos por correo postal Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 04 de Marzo do 2008   |   Eleccións
urna Un total de 43.912 galegos poderán exercer o seu dereito ao voto nas eleccións xerais a través do servizo postal, e disporán de prazo até o próximo 5 de marzo para facer efectivo o seu sufraxio, despois de que Correos entregara estas peticións nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral que, logo de comprobar a inscrición dos solicitantes no censo, remiten a documentación ao domicilio dos electores.  

Galiza é a sexta comunidade na que Correos entregou maior número de solicitudes, dun total de 722.372 en toda España. Onde máis peticións entregou foi en Andalucía, con 122.319 peticións xestionadas, aínda que hai que lembrar que nesta comunidade se celebrarán eleccións autonómicas ademais das xerais.

Séguenlle Madrid (109.574), Castilla-León (73.429), Cataluña (64.761), a Comunidade Valenciana (53.847), Galiza (43.912) e Castilla-La Mancha (38.996). En total, Correos admitiu máis de 770.000 solicitudes de cidadáns para exercer o seu voto por correo, das que xa entregou 722.372 ás delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral.

Antes do 5 de marzo os electores que solicitaran o seu voto por correo deberán facelo efectivo mediante a súa entrega en sobre pechado nunha oficina de Correos. O operador postal público cursarao como certificado urxente e custodiarao até o día da votación, cando fará entrega deste na mesa electoral correspondente.

Ademais, Correos destacou nun comunicado que distribuíu nas últimas semanas case 34 millóns de tarxetas censales remitidas polo Instituto Nacional de Estatística aos fogares dos cidadáns con dereito a voto, nas que figuran os datos da súa inscrición no censo electoral.

Así mesmo, o servizo público postal está a repartir máis de 141 millóns de envíos de propaganda electoral dos diferentes partidos e cursou o sobre co certificado de inscrición e o resto de documentación electoral a 1.205.132 cidadáns que viven no estranxeiro e están inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes.

Igualmente, remitiu os envíos de documentación electoral a 8.368 cidadáns temporalmente no estranxeiro, dos que 519 son galegos, que solicitaran nos respectivos rexistros consulares exercer o seu dereito a sufraxio nesta modalidade de voto por correo, que se establece por vez primeira nestas eleccións.

Comentarios (1)add
1
Fran
Por que non votan os mariñeiros por correo?

Marzo 06, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >