Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Aumentou o paro en 666 persoas Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 04 de Marzo do 2008   |   Economía
produindustria O número de parados rexistrados na Galiza, nas oficinas do Instituto Nacional de Emprego (Inem), durante o pasado mes de febreiro subiu en 666 persoas, un 0,41 por cento, co que a cifra total de desempregados se sitúa en 161.828
No conxunto de España o aumento do paro rexistrado foi de 53.406 persoas, un 2,36 por cento polo que o número total de desempregados é de 2.315.331, segundo informou o 'Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais'.

Tralo dato de febreiro, na Galiza os homes desempregados son 61.370 mentres que as mulleres nesa mesma situación son 100.458. Da cifra total, 16.305 son parados menores de 25 anos de idade (7.826 varóns e 8.479 mulleres).

En comparación con febreiro de 2007 o paro tamén se incrementou na Comunidade galega e rompeu a tendencia dos meses anteriores, pois hai 924 desempregados máis que hai un ano, tras crecer un 0,57 por cento.

Nembargantes, este aumento é inferior ao rexistrado no conxunto de España, que foi do 11,57 por cento.

Por sectores, o paro rexistrado subiu en febreiro no colectivo sen emprego anterior en 445 (ata 23.555); nos servizos, en 335 (chega a 90.768); e na construción, en 86 (chegan aos 17.694); mentres que baixou na industria, en 196 (diminuíu os 24.684); e na agricultura, en catro (hai 5.127).

Por provincias, en Pontevedra incrementouse o desemprego en febreiro en 359 persoas (un 0,6 por cento); na Coruña fíxoo en 294 (un 0,45 por cento); e en Ourense en 33 (un 0,16 por cento). Pola súa banda, na de Lugo caeu en 20 persoas (un 0,12 por cento).

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image