Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Ecuador e Venezuela rompen relacións con Colombia Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 04 de Marzo do 2008   |   Internacional - Internacional
hugo-chavez 

Desatouse unha nova crise, esta vez con consecuencias aínda por determinar.

Para calmar os ánimos e por petición expresa do presidente de Ecuador, Rafael Correa, convocouse unha sesión extraordinaria da Organización de Estados Americanos (OEA), así como da Comunidade Andina (CAN) e de Mercosur (Mercado Común do Sur).

Correa quere que esas instancias evalúen o que considera unha "masacre" no seu territorio, tese apoiada polo seu colega venezuelano, Hugo Chávez.

O Goberno de Ecuador comunicou ao de Colombia a ruptura das súas relacións diplomáticas pola "evidente violación da soberanía nacional e da integridade territorial" dese país, segundo informou a Chancellería en Quito.

O presidente de Ecuador, Rafael Correa,advertiu de que o conflito desatado pola incursión militar colombiana en territorio ecuatoriano nun ataque contra as FARC non é un "problema bilateral, é un problema rexional" e "moi grave para América Latina", e afirmou que de "sentarse este precedente" haberá "en América Latina outro Medio Oriente".

O Ministro de Relacións Exteriores venezuelano, Nicolás Maduro, anunciou que se decidiu expulsar ao embaixador de Colombia, Fernando Marín, e a todo o persoal desa delegación diplomática en Caracas.

"Non podemos ser pusilánimes, ambiguos nin covardes cando agreden a un irmán. É xusto dicir aos catro ventos que un se sinte satisfeito porque tamén con isto estamos defendendo a Ecuador", indicou ao sinalar que o ataque fora "coordenado" na base militar que EEUU ten na cidade ecuatoriana de Manta.

Que hai detrás desta acción militar contra as FARC en territorio ecuatoriano?

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image