
| JR sen proxectos e sen Galiza |
|
|
| Paulo Liñeiro | Martes, 04 de Marzo do 2008 | Sinaturas - Paulo Liñeiro | |||
Vimos onte a JR no segundo debate con Zapatero no seu papel de catro anos de oposición a todo canto fai ou di. Os indecisos querían algo máis: PROXECTOS.
Apenas dixo nada dos seus proxectos se é elixido presidente, será quizais porque non os ten? ou porque xa dá por perdidas as eleccións, desaproveitou a última oportunidade. Zapatero tampouco estivo ben, moi repetitivo, mais cando menos esbozou unha serie de medidas que pretende aplicar na vindeira lexislatura. Como no anterior debate, Galiza non existiu para os dous políticos. Só Rajoy nomeou a terra na que naceu para dicir que, do mesmo xeito que en Cataluña, na Galiza estase perdendo o uso do español (lamentable que isto o diga un galego). Como o BNG non consiga ter un mínimo de dous ou tres escanos e sexan necesarios para gobernar o PSOE, atoparémosnos con outros catro anos onde se seguirán esquecendo da nosa terra. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|