Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A nena de Rajoy é galega Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 06 de Marzo do 2008   |   Eleccións
feijoo6
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, lamentou a "singladura de Galicia" durante os 18 anos nos que gobernou o PSOE, ao que culpou de que esta comunidade sexa "líder nas pensións e os salarios máis baixos de toda España", así como "en menos quilómetros de AVE e en maiores prezos da vivenda". Por iso, galeguizou á "nena de Rajoy" e rexeitou este "liderado" da comunidade autónoma dentro dunha España que, na súa opinión, está "a punto de afundir". (...Se gaña Rajoy)

"Todo isto díxomo a nena de Rajoy; probablemente sexa galega", bromeou Núñez Feijóo nun mitin na Coruña ante uns 1.600 asistentes no que estivo acompañado pola presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, e por integrantes das candidaturas do PP ao Congreso e ao Senado.

Pobre nena, grazas a vós tería menos oportunidades de traballo e salario por ser muller, veríase privada de estudar na súa lingua, seguramente a casariades noviña e a encheriades de fillos.

O líder dos populares galegos negou que o país estea na "champions league", como afirmou o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero e, aplicando o mesmo símil futbolístico, opinou que a España "eliminárona na primeira volta" e, por ese motivo, "hai que cambiar de adestrador". "Non hai outra solución", subliñou.

E vós, contratade a Lotina, que volo cedemos con encanto e esmero, mellorariades moito.

En clave autonómica, tamén se referiu aos "anexos" do "libro branco" de Zapatero referentes á Galiza e concretou, por exemplo, que os prezos "se dispararon" nos últimos meses nesta comunidade ou que as familias galegas "necesitan 600 euros máis" ao mes para facer a compra.

Segundo Fraga, excusan de comprar papel hixiénico tendo o libro branco.

Tamén cargou contra o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, quen asegura nun lema de campaña que "o seu amor é Galiza". "Mira que Galicia lle pon os cornos porque é o dirixente menos votado", dixo e engadiu que o "único amor do PPdeG é Galicia e España". Apostou por unha educación baseada na paz lingüística na que todos poidan falar "no idioma que lles dea a gana e non no que diga o Touriño ou o Quintana".  Ou sexa o español.

Aproveitando a presenza de Aguirre na Coruña, Núñez Feijóo comparou a situación na comunidade galega e na madrileña e, a xeito de exemplo, afirmou que, mentres "Madrid é a cidade máis aberta (será pola Porta de Alcalá?) de Europa, en Galicia hai unha lea por saber onde poñen uns españois de raza xitana", en referencia á controversia entre o alcalde de Pontevedra e o de Poio sobre os veciños desaloxados do Vao.

Está seguro do que hai en Madrid???

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >