
| Cascos chama a Zapatero amigo de Otegui |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 07 de Marzo do 2008 | Eleccións | |||
"José e Luis nunca se poñen de acordo sobre o concepto de España", ironizou e, neste senso, afirmou que "mentres José quere transmitir moderación e talante, a Luis o pillaron confesando a Gabilondo que tocaba dramatizar". "José é amigo de Arnaldo Otegui, pero a Luis non lle cae nada ben e, cando puido, trincouno e meteuno no cárcere; a José non lle gusta negociar politicamente con ETA antes e despois dos atentados, mentres que Luis sabe o que lle vai custar cando se decaten os españois". Afirmou tamén que "mentres José é humanitario e non quería que De Juana Chaos sufrise no cárcere, Luis o meteu en prisión en canto o viu". "Luis recibe a Rajoy na Moncloa para pactar os grandes asuntos nacionais, pero José avalou o pacto de Tinell e rompeu o pacto antiterrorista". "José é un pacifista, mentres que Luis é un atlantista convencido que pasou todas as reunións internacionais da OTAN detrás de George Bush", concluíu e contou que recomendou a Rajoy que, durante o debate que mantivo co presidente do Goberno, lle preguntase "se era José ou Luis". Así mesmo, pediu ao PSOE "que presente só un candidato". Aplicando a mesma metáfora, Cascos vinculou o Goberno socialista coa "familia Zapatilla" e, neste senso, comparou varios personaxes deste conto con membros do Executivo central e do PSOE. Así, resaltou o "parecido" entre Peloto Chivátez e o secretario de Organización, José Blanco; de Lechuzo co ministro de Traballo, Jesús Caldera; Sapientín co titular de Economía, Pedro Solbes; e de Minervo coa vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega. Que bonito! que simpático resultou o pescador de campanus, e cazador de especies protexidas en circunstancias especiais de compromiso coa Galiza como o afundimento do Prestige. Ninguén che agradeceu aínda o que aconteceu coas vidas de traballadores galegos nun túnel planificado por ti e o teu ministerio? Ninguén che agradeceu en Barcelona o que aconteceu co AVE ou todos os agradecementos foron para a Madalena? Finalmente, que terás que dicir, ademais das túas mentiras, sobre a dupla ou simples personalidade de Zapatero cando polo PP se presenta MarianoMarioneta que pon a cara mentres outro move os fíos por detrás??? |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|