Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cascos chama a Zapatero amigo de Otegui Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 07 de Marzo do 2008   |   Eleccións
cascos O ex-ministro 'popular' de Fomento, Francisco Álvarez Cascos, comparou onte ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, con Zipi e Zape e, nesta mesma liña irónica, afirmou que o Executivo socialista é "como a familia Zapatilla"
"Ao igual que Zipi e Zape, Zapatero son dúas persoas: José e Luis. Ningún dos dous mente, cada un di a súa verdade e, por iso, non ten ningún sentido votar ao PSOE o domingo porque sairán dous presidentes distintos", bromeou durante un mitin en Ourense ante unhas 2.000 persoas, no que estivo acompañado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

"José e Luis nunca se poñen de acordo sobre o concepto de España", ironizou e, neste senso, afirmou que "mentres José quere transmitir moderación e talante, a Luis o pillaron confesando a Gabilondo que tocaba dramatizar".

"José é amigo de Arnaldo Otegui, pero a Luis non lle cae nada ben e, cando puido, trincouno e meteuno no cárcere; a José non lle gusta negociar politicamente con ETA antes e despois dos atentados, mentres que Luis sabe o que lle vai custar cando se decaten os españois".

Afirmou tamén que "mentres José é humanitario e non quería que De Juana Chaos sufrise no cárcere, Luis o meteu en prisión en canto o viu". "Luis recibe a Rajoy na Moncloa para pactar os grandes asuntos nacionais, pero José avalou o pacto de Tinell e rompeu o pacto antiterrorista".

"José é un pacifista, mentres que Luis é un atlantista convencido que pasou todas as reunións internacionais da OTAN detrás de George Bush", concluíu e contou que recomendou a Rajoy que, durante o debate que mantivo co presidente do Goberno, lle preguntase "se era José ou Luis". Así mesmo, pediu ao PSOE "que presente só un candidato".

Aplicando a mesma metáfora, Cascos vinculou o Goberno socialista coa "familia Zapatilla" e, neste senso, comparou varios personaxes deste conto con membros do Executivo central e do PSOE. Así, resaltou o "parecido" entre Peloto Chivátez e o secretario de Organización, José Blanco; de Lechuzo co ministro de Traballo, Jesús Caldera; Sapientín co titular de Economía, Pedro Solbes; e de Minervo coa vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega.

Que bonito! que simpático resultou o pescador de campanus, e cazador de especies protexidas en circunstancias especiais de compromiso coa Galiza como o afundimento do Prestige. Ninguén che agradeceu aínda o que aconteceu coas vidas de traballadores galegos nun túnel planificado por ti e o teu ministerio? Ninguén che agradeceu en Barcelona o que aconteceu co AVE ou todos os agradecementos foron para a Madalena?

Finalmente, que terás que dicir, ademais das túas mentiras, sobre a dupla ou simples personalidade de Zapatero cando polo PP se presenta MarianoMarioneta que pon a cara mentres outro move os fíos por detrás???

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >