
| ETA volve matar |
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 07 de Marzo do 2008 |
|
|
Carrasco, traballaba na actualidade nunha empresa pública, pois logo de presentarse co número seis nas listas electorais do PSE nos comicios municipais do pasado año. Saíron elixidos apenas catro concelleiros do cuatro PSE polo que Isaías quedou fóra do goberno municipal, que quedou en mans de ANV. A noticia sorprendeu a José Luis Rodríguez Zapatero nun mitin en Málaga. O presidente do PSOE, Manuel Chaves, tiña a información, mais decidiu non comunicarllo a Zapatero inmediatamente. Unha vez rematou o discurso, o presidente do Goberno recibiu a tráxica nova que o fixo cambiar de semblante e plans inmediatamente, poñéndose en contacto co ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba. Nestes momentos, Zapatero regresa a Madrid e mantén conversas con Rubalcaba para analisar que facer nas próximas horas. Rubalcaba falou de xeito contundente, dixo que non poderían coa democracia e que os asasinos poden ter a seguridade de que van acabar na cadea. Adiantou tamén que o presidente do goberno, José luis Rodríguez Zapatero, compadecerá desde a Moncloa. Unha familia rota da que nuns días ninguén falará, uns fillos que quedan sen pai para sempre e unha viúva que non volverá ver ao seu home. ETA non vai gañar, hai que saír masivamente votar o domingo, que non saian coa súa. Isaías Carrasco, descanse en paz. | ||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|