Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Un total de 2.638.790 galegos están chamados a votar Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 09 de Marzo do 2008   |   Eleccións
urna Un total de 2.638.790 galegos están chamados a exercer o seu dereito ao voto, dos que case 20.000 poden votar por vez primeira nas súas vidas ao cumprir recentemente 18 anos, mentres que máis de 100.000 poderán elixir por primeira vez aos seus representantes no Congreso e no Senado, logo de poder votar nas pasadas eleccións municipais.  

Segundo datos da Oficina do Censo Electoral, na Galiza hai 2.312.250 persoas que poderán votar, aos que se suman os 326.223 galegos que forman parte do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), e que representan un 27 por cento do total de españois no exterior chamados ás urnas, 1.205.132 electores dos 33.867.077 españois con dereito a voto.

Por provincias, 1.068.416 coruñeses poderán elixir aos seus oito representantes no Congreso, 115.422 do CERA. En Lugo, hai 346.529 electores (42.241 no CERA) e catro escanos a repartir, os mesmos que hai en Ourense, onde poden votar 355.283 persoas (72.248 no CERA). Finalmente, 868.562 pontevedreses (96.312 do CERA) teñen dereito a elixir a sete deputados.

En total, os 315 municipios galegos divídense a efectos da xornada electoral en 615 distritos e 2.238 seccións. Na comunidade haberá 4.091 mesas de votación e 2.544 locais electorais, no seu maior parte situados en colexios, concellos, centros sociais e pavillóns, aínda que tamén haberá algunha mesa en teleclubs, centros parroquiais, asociacións de viúvas e en bares.

Os galegos chamados ás urnas poderán elixir entre 17 candidaturas na provincia da Coruña, 16 en Lugo, 16 en Ourense e 17 en Pontevedra. No caso do Senado aínda se presentan máis partidos, xa que na Coruña concorren 23 listas, en Lugo fano 19, en Ourense tamén 19 e en Pontevedra 17.

Vaiamos logo todos exercer o noso dereito a votar.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image